Anotando

Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Decembro 2, 2006 · Deixa un comentario

Varapau a Chesqui e ao novo Partido Galeguista por parte de Pousa Antelo, histórico galeguista e presidente da Fundación Castelao, que considera a Chesqui coma “ex-amigo” e ofrece duras críticas a este e demais dirixentes do PG a quen acusa de usar esas “siglas sagradas” co único obxectivo de “medrar persoalmente”.

Pousa Antelo non considera que as vindeiras eleccións municipais lle vaian sair ben ao PG, e non quere que se lle relacione coa nova formación nen usen o seu nome. Asimesmo, moitas son as voces que critican (con acerto considero) ao novo PG por incoherencia ideolóxica, ao estar formado maioritariamente pola incorporación de pequenos partidos “independentes” (nunca entendín este termo, non sei de quen se consideran independentes ou porqué teñen que resaltar esta “característica”), poñendo en dúvida a unidade programática desta formación política.

Eu, persoalmente, fágome unha pregunta: que levou a Chesqui a ver que hai mundo máis alá do Bao?

Fonte: Galicia Hoxe

Categorías: Política