Anotando

Hoxe acto en conmemoración dos 85 anos de PCE

Decembro 3, 2006 · Deixa un comentario

Hoxe celébrase na cidade de Madrid un acto en conmemorción dos 85 anos da fundación do Partido Comunista de España, no recinto feiral IFEMA na Casa de Campo.

O PCE fundouse un 14 de Novembro de 1.921 coa celebración dun Congreso de Unidade entre o Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obrero Español, o primeiro fundado pola Federación de Juventudes Socilaistas e o segundo por unha rama terceirista do PSOE.

Este ano cumpriuse tamén o 85 aniversario da Unión de Juventudes Comunistas de España, a organización xuvenil do PCE, que ademáis está a piques de celebrar o seu X Congreso os próximos 7, 8 e 9 de Decembro.

No povo de O Grove o movemento comunista sempre tivo unha actividade notábel, xa desde tempos da república, durante a ditadura franquista e coa chegada da monarquía parlamentaria governou o municipio meco o Partido Comunista de Galicia (federación galega do PCE) durante os anos 1.979 e 1.983, e continuamos con presenza na cámara municipal desde entón até hoxe en día, e agardamos continuar traballando polo noso Concello no futuro. Na actualidade os comunistas galegos exercemos o noso traballo dentro do movemento político-social Esquerda Unida, onde achegamos as nosas posturas xunto con outras xentes da esquerda social non comunistas para acadar o obxectivo común dunha sociedade con xustiza social e benestar xeral, tentando aglutinar así ao movemento de esquerdas en torno a obxectivos comúns sen renunciar por iso á nosa militancia e ideoloxía comunistas.

Xa van 85 anos, pero serán moitos máis.

Categorías: Política