En Venezuela, a maioría da povoación pode mercar os produtos alimenticios de uso cotiá nos mercados chamados MERCAL a prezos menores que no comercio privado (sobre un 30% máis barato). En Venezulea, millóns de persoas accederon por primeira vez a programas de asistencia e desenrolo social a través das denominadas “misións” de saúde pública integral, de alfabetización, de acceso a estudos superiores, de créditos produtivos, etc. En Venezuela, o Estado tomou de xeito efectivo o control da empresa estatal de petróleos redistribuindo a riqueza deste ben común entre todos os cidadáns da República. En Venezuela está iniciada unha Revolución Socialista que tenta perpetuar estas conquistas sociais e levá-las máis alá.
E ainda hai xente que se sorprende de que Chávez volvese gañar as eleicións.
