Hoxe ao dispoñerme a ler a prensa local atopeime con algo típico no PSOE de O Grove nos últimos tempos sempre que se acercan as datas das eleccións municipais: dous sectores enfrontados pola candidatura municipal.
Desta vez trátase da insubordinación da agrupación local ante a imposición da organización provincial do candidato para as vindeiras municipais. A executiva local, encabezada por Ayda Filgueira, quen tamén exerce como portavoz do grupo municipal do PSOE no Concello, non está disposta a aceptar tal imposición do candidato nen que non se recoñeza o labor “ben feito e probado” que levan realizado, segundo eles mesmos afirman.
José Cacabelos, fillo do anterior candidato á alcaldía meca polo mesmo partido nas anteriores eleccións, foi proposto pola dirección provincial do PSOE como candidato para as vindeiras municipais, sen preocupacións pola política municipal coñecidas con anterioridade nen ser tan sequera militante (agora parece ser que xa o é). Tras esta proposta, fixo unhas espextaculares aparicións na prensa local das que se desprendía unha falta de recoñecemento e desprezo pola experiencia e o traballo realizado polo seu partido nos últimos anos.
A liorta está servida, mais eu pregunto: como é posíbel que un partido que pretende a alcaldía pode permitirse semellante falla de consenso interno e unha publicidade da mesma que roza o esperpento político semellante?
Ligazóns relacionadas:
