Anotando

Rematou o X Congreso da UJCE

Decembro 10, 2006 · 3 Comentarios

A Unión de Juventudes Comunistas de España, celebrou esta fin de semana en Madrid o seu X Congreso, na Faculdade de Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid, baixo o lema ”Seguimos adiante: organizando a revolución do século XXI”.

O vernes presentose o informe de xestión do Comité Central saínte, conseguindo o respaldo de case o 90% dos delegados asistentes.

O sábado estívose traballando nas distintas comisións de debate que se habilitaran. Discutiuse sobre todos os temas de actualidade que afectan hoxe en día á xuventude, e tratáronse as propostas que a Xuventude Comunista fai para solucionar ditos problemas.

O derradeiro día, rematouse o Congreso cos saúdos de varias organizacións sociais, entre eles o Presidente da FMXD (Federación Mundial da Xuventude Democrática), Miguel Madeira e o Presidente da Xuventude Comunista Checa, recentemente ilegalizada. Tamén interviu o Coordinador Xeral de Izquierda Unida Gaspar Llamazares e a representante da permanente do PCE Isabel Salud, e secretaria do Mundo do Traballo.

Os documentos -tanto políticos, como organizativos- foron refrendados por case o 90% dos asistentes.

A única lista ao novo Comité Central que se presentou, consiguiu o respaldo de perto do 80% do Congreso, sendo posteriormente elexido o novo secretario xeral por unanimidade.

Na súa intervención final, Juan Iglesia, congratulouse de pertencer a unha organización que ten un alto grao de consenso e de unidade, tal e  como reflexan as porcentaxes das votacións.

Categorías: España · Política

Morreu o xenociada Pinochet

Decembro 10, 2006 · Deixar un comentario

Arde Pinochet

Un neno porta un retrato ardendo (1.988) do ditador Augusto Pinochet, quen morreu hoxe nun hospital militar de Santiago de Chile sen pagar polos seus crimes na súa cruzada contra comunistas e socialistas chilenos.

Categorías: Cousas · Internacional · Política