Anotando

Na prensa

Decembro 18, 2006 · Deixar un comentario

O pasado venres 15, a edición de Arousa de La Voz de Galicia sorprendeume ao publicar un artigo sobre este blog. Tras ler o quédalle a un a impresión de que é cando menos un blog interesante pola descrición que dá dos contidos, aínda que teño que contrastar esta impresión. Só unha crítica teño do artigo, sei que non hai hipertexto sobre o papel, pero non estaría de máis cando se fala dun sítio de internet poñer a súa URL.

Pola miña parte espero que esta páxina serva de tribuna na que dar a coñecer as miñas inquedanzas e as propostas que desde EU lancemos á cidadanía de O Grove. Polo momento non tivo publicidade (bon, até o venres), mais si ten un número mais ou menos constante de visitas diarias.

Esta semana anuncio que a actualicación de contidos será máis ben escasa, pois estou de exames (acabo de sair de un) e non teño moito tempo sobrante para redactar algunhas cousas que teño pensadas, mais para Noite Boa ou Nadal espero de novo renovar os contidos.

Categorías: Cousas · O Grove