Anotando

Normas subsidiarias

Decembro 28, 2006 · 2 Comentarios

O día de hoxe, 28 de decembro, entran de novo en vigor as Normas Subsidirias do Concello de O Grove tras a suspensión á que foran sometidas e en pleno debate do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Comisión de Urbanismo, a pesares do gran traballo realizado na tramitación de alegacións, debería facer autocrítica por non ser capaz de ter xa un plan de consenso.

É fundamental para o noso concello ter un Plan Xeral de Ordenación Municipal, como desde EU se veu reiterando, no que ter planificado o crecemento e axudar ao desenrolo económico e social, pero non un Plan calquera, senón un no que estean consensuadas todas as visións e posturas. Un plan no que todos os veciños se sintan representados e asegurar o desenrolo sostíbel de O Grove.

Categorías: O Grove · Política

Hipocrisía de Time?

Decembro 28, 2006 · Deixar un comentario

Portada Time

Este ano a revista Time ven de designar como persoeiro do ano a ti, a min, en definitiva, a todos os usuarios da rede internet, pois egundo eles, controlamos a Xeira da Información. Mais esta decisión da revista creou polémica, pois, sendo alabada polos medios tradicionais da prensa (quen si teñen realmente o poder), foi duramente criticada por parte da comunidade elexida como persoeiro do ano. Por que? Pois din que Time pecou de hipocrisía ao conceder este galardón á comunidade internauta, da que di que ten o control da información, pero non respeitou a decisión desta mesma comunidade de condecer o galardón a Hugo Chávez, quen foi o persoeiro máis votado polos internautas na páxina web da revista, seguido por Mahmud Ahmadineyad.

Máis info:

Categorías: Cousas · Internacional · Política