Anotando

Os voos secretos da CIA

Decembro 30, 2006 · Deixar un comentario

Moitos de vós coñeceredes a vergoñenta historia dos voos secretos da CIA que transportaban (transportan?) presuntos terroristas dun país a outro facendo escala en diversos aeroportos europeus (entre eles algún español) nunha descarada violación dos Dereitos Humanos e de distintas leis internacionais. Pois agora a Audiencia Nacional acaba de pedir ao governo español que desclasifique os documentos do CNI sobre estes voos clandestinos, ante o cal o coodinador xeral de IU, Gaspar Llamazares, manifestou a súa satisfacción ante algo que serva para acabar coa “política avestruz” do governo do estado ante esta situación.

Esta definición da política do governo Zapatero é bastante axeitada, pois sempre agocharon a cabeza cando se trataba este tema, botando balóns fora e boicotando calquer traballo parlamentario sobre o asunto. Isto non fai mais que levantar sospeitas de que o Estado Español, cando menos, coñecía a existencia destes voos ilegais, o que é un escándalo en grao superlativo, e pode acarrexar como consecuencia a expulsión da Unión Europea.

Como comentario aparte, valorar positivamente o traballo parlamentario do grupo IU-ICV desde que IU considerou acabada a relación preferente co Governo. Desde logo, non se pode ser socio dun governo primeiro, do que non se participa, e segundo, co cal só se coincide en temas puntuais (bodas homosexuais, igualdade de xéneros, Lei de Dependencia) e se difire nos asuntos fundamentais (económico fundamentalmente, memoria histórica, inmigración, loita contra corrupción urbanística, xestión do proceso de Paz, etc).

Categorías: España · Política