A opresión do home polo home iniciouse coa opresión da muller polo home.
Karl Marx
Categorías: Cousas · Política
Despois de que o Hotel Louxo da Toxa fose duramente criticado por pedir por escrito aos seus empregados que non utilizasen o galego (ver foto do documento en cuestión), parece ser que a dirección deste centro hoteleiro rectifica e fará un proceso de galeguización das súas instalacións, segundo informa a Mesa pola Normalización Lingüística.
O Louxo foi noticia desde hai un par de semanas tras distribuirse por correo electrónico a fotografía do documento que se lles entrega aos traballadores do hotel no que se sinalan algunhas normas e consellos a seguir, entre os cales está a de non falar galego. De seguido se montou unha campaña en internet para pedir a retirada do distintivo de Galicia Calidade (non era para menos) e organizacións de defensa do idioma, como a Mesa, puxéronse en contacto coa dirección do hotel ao que incluso pensaron denunciar ante a Inspección de Traballo. Mais agora parece que todo tende á normalidade e o Louxo ofrecerá os servicios web, facturas, etc en galego, segundo confirma o seu director Manuel Amoedo.
Categorías: Cousas · Galiza · O Grove
O próximo sábado 27 no programa Galicia Documental emitirase o documental O Barco da Memoria. Será na TVG ás 15:42 horas.
Categorías: Galiza · Television

Non sei se algún día volveremos gravar. Todo indica que o proxecto morreu, así que non duvidedes en descargar os éxitos de Lentejas como pezas de culto e rarezas que son. A discografía avandonou o servidor de Ipanema Gráfica (para deixar sitio á nova tenda dos Phantom Keys?), pero están dispoñíbeis agora em MediaFire. Poño a continuación o post que Zé Pequeno colou no seu fotolog, onde ademais das ligazóns das descargas hai un magnífico resumo do que foi a banda e o seu incerto futuro.
E de paso aproveito para anunciar que Lentejas Los Miércoles passa a ser umha banda de culto posto que seguramente nom volvamos fazer nada novo.
A banda que nasceu no 2004 num post-concerto de The Offspring no parque de Castrelos foi editada por Hillside Strangler Records no recompilatório “Killed By Que? #2″ e a sua discografia completa por La Culpa Es De Los Padres Que Las Visten Como Putas Records. A sua última obra foi “Vigozoo”, um pseudo-plágio de “Line Up” de Elastica e “Cumpleaños Total” de Los Planetas, para o concurso da Radio Galega “A Polo Ghit”.
Na actualidade Martin J. Fox está morto em combate, Johnny pronto será arquitecto, Albert será candidato à alcaldia de Ogrobe e eu iniciarei umha carreira em solitário como crooner, seguindo os pasos dos grandes Frank Sinatra, Julio Iglesias ou Richard Cheese.
Os enlaces:
Frankenstein Meets The UFO Visitors:
http://www.mediafire.com/?aymmmmm3zkl
Don’t Innovate… Imitate!:
http://www.mediafire.com/?3oo3zontirn
WEH8XMAS:
http://www.mediafire.com/?9zhamtzktmd
Hillside Strangler Records:
http://www.geocities.com/websidestrangler
La Culpa Records:
http://www.myspace.com/laculpaproducciones
Lentejas Los Miércoles:
http://www.lentejaslosmiercoles.cjb.net
http://www.myspace.com/lentejaslosmiercoles
Categorías: Música · O Grove
Conclusións tiradas na última xuntanza da Executiva Nacional de Esquerda Unida.
O 4 de xaneiro de 2007 reuniuse a Executiva Nacional de Esquerda Unida-IU. Nela presentáronse diferentes resolucións, aprobadas por unanimidade, no tocante á situación do conflito basco e ao comportamento do goberno de Zapatero con respecto á migración e á súa indiferenza para coas violacións contínuas dos Dereitos Humanos en Marrocos en virtude dos acordos acadados no cumio euroafricano.
A situación de Galicia foi analizada con exhaustividade e tras este tempo de (des)goberno xa podemos albiscar que pouco o nada mudaron algunhas prácticas con respecto á Era Fraga: pouca ou escasa convivencia entre PSdG e BNG, que converte en desunión executiva o que debe ser un goberno harmónico; a escasa visión á hora de xestionar o Estatuto de Galicia, permanecendo estáticos na cuestión identitaria e deixando de lado os problemas sociais desta nación; a comisión de estudo sobre os lumes foi unha auténtica farsa; provatización do Consorcio de Servizos Sociais; a Cidade da Cultura é un despropósito; a RTVG e a cesión ilegal de traballadores e traballadoras; a desprotección na que queda o sector naval e o comportamento totalmente contraditorio e ineficaz do conselleiro de industria; a planta de gas no interior da ría de Ferrol; o partidismo á hora de actuar contra a especulación urbanística; a utilización de cartos públicos no último mes de ano en campañas promocionais institucionais, o que demostra improvisación e partidismo; o solapamento constante de entes: consello de cultura galega con consellería de cultura, empresa pública contra o lume con Tragsa; promesas de trazo meramente populistas (ordenadores para todos os fogares, cando son outras e máis reais as necesidades) ou de aproveitamento e/ou silenciamento impropio coma o famoso “Código Touriño de bases para o tratamento informativo da inmigración”, que pretende ignorar o xa consensuado no Foro de Inmigración cos propios medios de comunicación e que xa foi presentado formal e publicamente (consultable nesta web desde o verán de 2006); etc.
Estas e outras circunstancias serán analizadas no próximo Consello Político Nacional do 28 de xaneiro de 2007.
Fonte: www.esquerdaunida.org
Categorías: Galiza · Política
Como andamos ás voltas co PXOM e as Normas Subsidarias, creo moi interesante publicar a intervención de María Soilán no Pleno Municipal do 13 de Xullo de 2.006 no que queda reflectida, con axeitada claridade, a postura de EU respeito ao PXOM. Como é un pouco largo para ir de segudo a estas liñas, coleino nunha páxina aparte.
Categorías: O Grove · Política