Hai uns dias rematei de ler o fantástico libro de Manuel Toharia El clima. Nel o autor fálanos sobre os distintos cambios climáticos ao longo da Historia, como inflúen os distintos gases de efecto invernadoiro no clima, como afecta o clima sobre a Vida e como afecta esta sobre os climas, que coñecemos e que descoñecemos sobre os cambios climáticos, e das mentiras e esaxeracións que existen sobre este tema.
Tamén nos fala das posíbeis consecuencias sobre diversos aspectos das sociedades humanas que teria un hipotético cambio climático, da imposibilidade dun desenrolo sostíbel baixo o Capitalismo, e por último dá alguns consellos tanto individuais como colectivos para aforrar enerxía e minimizar así (ou ralentizar, ou simplemente ter a conciencia mais tranquila) as emisións de gases favorecedores do cambio climático.
Coñecín de Manuel Toharia polo podcast dos Museos Científicos Coruñeses, o cal vos recomendo a todos, no que realizou unha charla duns 50 minutos aproximadamente que se pode calificar como o mellor resumo posíbel do libro.
Se estades interesados no tema do cambio climático, non deixedes de ler este libro, que vos informará sobre o tema ademais de desmentir alguns mitos e esaxeracións.
Aprobeitando que estou falando dun tema directamente relacionado coa enerxía e o medioambiente, informarvos de que se acaba de inaugirar o portal da Red Hispana de Blogs de Energía y Medio Ambiente, impulsada por Indarki, que non é mais que unha morea de feeds rss de distintos blogs con esa temática todos xuntiños nunha web.


