Anotando

Dia Internacional da Muller Traballadora

Marzo 7, 2007 · Deixa un comentario

Marcha Mundial Igualdade

Mañá, 8 de marzo, conmemorarase o Día Internacional da Muller Traballadora.

Foi un 8 de marzo de 1.857 cando morreron en New York 146 obreiras nun incendio provocado nunha fábrica de téxtil mentres portestaban polas pésimas condicións de traballo ás que se vían submetidas. Posteriormente, en datas parecidas, fóronse celebrando en distintos anos o Día da Muller en distintos países, especialmente nos EUA, sobre todo a partir de 1.910 cando a Internacional Socialista proclamou o carácter internacional do Día da Muller a proposta de Clara Zetkin, para apoiar as reivindicacións de sufraxio feminino. Na Rusia tzarista esta conmemoración tomou especial forza, sendo salientábel o 8 de marzo de 1.917 (segundo o calendario gregoriano) no que as mulleres rusas se rebelaron nunha folga que acelerou a Revolución de Outubro, onde saiu vencedor o Partido Bolxevique e a Clase Traballadora.

Hoxe o sufraxio feminino xa non é preciso reivindicalo, mais a igualdade no traballo e nos dereitos sociais, así como a loita contra a violencia de xénero son loitas nas que o xénero feminino non debe cesar, e os homes conscientes destes problemas debemos apoialas.

Maña, 8 de marzo, haberá diversas marchas e concentracións en toda Galiza convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres. Agardemos que sexan útiles para a concienciación da nosa sociedade e lograr a igualdade.

Categorías: Internacional · Política