Anotando

Reunión coa dirección de Rosalía de Castro

Marzo 20, 2007 · Deixar un comentario

Hoxe tiven a pracer de reunirme con Dolores Lores e María Luísa Cimadevila, directora e secretaria do Colexio Rosalía de Castro. No transcurso da mesma transmitíronme as necesidades da escola, sobre todo de espazo e de dignificación das instalacións, especialmente o pavillón que ten pingueiras e non conta nen con vestiarios entre outros problemas e necesidades.

Pola miña parte, tomei boa nota das queixas e propostas, e incidín na necesidade de potenciar o Consello Local Escolar e na importancia dun diálogo fluído entre centros educativos, pais e nais, sindicatos, delegación de educación e concellería de educación para estar sempre ao tanto das necesidades da comunidade educativa no noso municipio e traballar para mellorála con coñecemento directo dos problemas e escoitando as distintas propostas dos implicados.

En vindeiros días agardo poder reunirme tamén coas direccións dos demais centros educativos de Ogrove para coñecer tamén as súas necesidades e propostas.

Categorías: Esquerda Unida · O Grove · Política

0 respostas so far ↓

  • There are no comments yet...Kick things off by filling out the form below.

Deixar un comentario