Anotando

Entries from Abril 2007

Conferencia da XCG

Abril 29, 2007 · Deixar un comentario

Este sábado, despois de pola mañá realizar a presentación da candidatura de EU-EdG ante o medios de comunicación, e ir comer á casa da miña avoa, marchei a toda presa para acudir pola tarde á Conferencia Galega de Volta do X Congreso da UJCE, celebrada en Vigo.

Cheguei xusto cando se estavan debatindo as enmendas á parte do Documento Político redactada por min, polo que puiden facer a defensa do texto orixinal, aínda que en realidade asumín todas as enmendas presentadas. A Conferencia transcorreu con un interesante debate teórico sobre as enmendas ao Documento Político, e elexiuse ao novo Comité Nacional por inmensa maioría, órgano que se encargou despois de elexir ao novo Secretario Político da XCG, que volveu a ser o Camarada Sergio Couto da Coruña.

Destacar a renovación de parte dos membros nominais do Comité Nacional do cal xa non formarei parte (tal vez como representante do Colectivo de O Grove), e o interesante discurso realizado por Juan Iglesia, Secretario Xeral da UJCE. Tamén estivo como organización convidada a Mocidade pola Normalización Lingüística, quen deu un afectuoso saúdo á Conferencia.

Podedes ler máis na páxina web da XCG.

Categorías: Esquerda Unida · Galiza · Língua · O Grove · Política · Xuventude Comunista

Eu tampouco gosto de Boris Ieltsin

Abril 27, 2007 · Deixar un comentario

BorisAo igual que Toni, que nos explica no seu blogue porqué non gosta de Boris Ieltsin, eu aborrezo a tal personaxe. As miñas razóns son algo distintas, el conta experiencias persoais que eu vivín dun xeito distinto, pero tamén teño recordos daqueles primeiros anos 90 do século pasado.

O defunto (morreu este pasado día 23), ademais de rematar de aniquilar á Unión Soviética, crear caos social e amañar eleccións, foi quen iniciou a guerra en Chechenia onde o Exército Ruso cometeu algunha que outra atrocidade. Primeiro Presidente da República Federal de Rusia e consagrado líder nacionalista, no seu funeral foi loubado por grandes líderes da Dereita Internacional como Margaret Thatcher, Helmut Khol, George Bush e o seu sucesor Vladimir Putin, entre outros paladíns da defensa do Libre Mercado (que non da Democracia).

Penso que quedou claro o por que aborrezo a Boris Ieltsin.

Categorías: Cousas · Internacional

Revolución dos carabeis

Abril 25, 2007 · Deixar un comentario

Revoluçao dos cravosO 25 de abril de 1.974 o pobo portugués rebelouse contra o rexime fascista que imperaba no país veciño desde 1.926. Nun só día derrubouse o fascismo portugués e desde entón cada 25 de abril é coñecido institucionalmente en Portugal como o Dia da Liberdade.

Máis información:

Categorías: Internacional

Fin de semana ocupado

Abril 18, 2007 · Deixar un comentario

Xa levo bastante tempo sen actualizar o blogue. A verdade é que esta fin de semana estiven algo ocupado, polo que non puiden actualizar como me gustaría, sobre todo para facer unha homenaxe á República o sábado.

O xoves estiven reunido coa dirección de Emgrobes, para coñecer as demandas deste sector. A verdade é que a maioría das súas propostas xa as tiñamos recollidas no noso programa electoral, e ante a breve exposición que fixen das nosas liñas programáticas os presentes mostraron o seu acordo na necesidade de impulsar a democracia participativa no noso Concello, e en especial o Consello Económico e Social.

O venres pola tarde estiven xogando unha pachanga cos colegas e logo na sede estivemos preparando un pouco o que sería a presentación que fixemos o sábado dos cinco primeiros postos da nosa candidatura. A presentación fixémola conxuntamente cos nosos camaradas de EU de Vilagarcía de Arousa, quen presentaron aos dez primeiros postos da súa lista, nun acto caracterizado por realizarse nun 14 de abril, no 76 aniversario da proclamación da II República, e que unha forza republicana como EU celebramos especialmente.

O mesmo sábado pola noite acudín xunto algúns camaradas á cea organizada pola Comisión pola Memoria Histórica de O Grove, para rematar a noite na festa IV aniversario da revista Mundo Vermello, publicación eleborada pola Xuventude Comunista en Vilagarcía.

O domingo pola mañá, asemblea de EU para comentar un pouco o programa e darlle os últimos retoques necesarios, e xa pola tarde virme para Vigo.

Agora a actualidade no noso Concello céntrase na cancelación do Campionato de Tiro ao Pichón. Desde EU mantemos as nosas críticas á organización e sectores afectados pola pasividade coa que trataron o asunto. Agora toca buscar alternativas para atraer mais visitantes á nosa vila. Neste aspecto, desde EU obsevamos que en O Grove hai unha ausencia total de planificación turística, a pesares de ser esta actividade un dos piares económicos do Concello. Culpábel directo disto é a xestión que o PP ven realizando nos últimos oito anos, polo que vemos necesario un cambio de goberno municipal que traballe conxuntamente coas asociacións do sector para planificar e atraer un turismo de calidade ao noso Concello, que redunde tamén na calidade dos postos de traballo do sector hosteleiro, que na actualidade son inasumibelmente precarios. Desde EU ofrecémonos voluntarios para tal tarefa.

Categorías: Esquerda Unida · O Grove · Política · Xuventude Comunista

30 anos da legalización do PCE

Abril 9, 2007 · Deixar un comentario

Texto tirado da páxina web do Partido Comunista de Galicia.

Cúmprense trinta anos daquel “sábado santo vermello” recibido con gran alegría polos comunistas e os demócratas consecuentes e considerado como unha gravísima traizón polo búnker franquista. Con todo, a legalización do PCE non foi unha concesión nin de Suárez nin de Juan Carlos. Foi unha conquista das e os comunistas que a fixeron políticamente imprescindible. Ao contrario, os herdeiros do franquismo especularon ata o último minuto con celebrar unhas eleccións sen o PCE. Houbo que arrriesgar prisións, e ata a vida, nuns meses nos que a policía e as bandas fascistas andaban soltas polas rúas cobrandose a de xentes que reclamaban a democracia. Pero non habería cambio democrático creíble sen legalizar ao PCE; é máis, nin sequera sería viable.

Máis info.

Categorías: España · Partido Comunista · Política

Socialismo e IVA

Abril 6, 2007 · Deixar un comentario

Os nosos compañeiros venezolanos van eliminar o regresivo imposto sobre o valor engadido do seu sistema tributario. Un paso máis cara o socialismo.

Rebelion. Venezuela quiere suprimir el IVA en dos años

Categorías: Internacional · Política

O tiro de pichón

Abril 2, 2007 · 7 Comentarios

Esta fin de semana Esquerda Unida – Esquerda do Grove decidiu en asemblea a súa postura sobre o conflito existente en torno a celebración do campionato de tiro de pichón na Illa da Toxa.

EU – EdG é partidaria de manter esta competición no noso Concello dada a súa repercusión positiva na economía local, mais tamén considera que a seguridade da proba e o respecto polo medio ambiente deben ser máximos, polo que esta formación política opina que debe atoparse o lugar adecuado para a celebración da proba no noso concello tendo presentes sempre a seguridade e o menor impacto ambiental posíbel.

Por outra banda, desde EU – EdG critícase que se tivese que chegar ao punto actual deste problema xa que de terse actuado con anterioridade non nos atoparíamos nesta situación de incertidume sobre a celebración desta proba deportiva. Neste sentido, tanto organizadores, hosteleiros e Concello deberían facer autocrítica para que non volva a darse o caso.

Categorías: Esquerda Unida · O Grove · Política