Ao igual que Toni, que nos explica no seu blogue porqué non gosta de Boris Ieltsin, eu aborrezo a tal personaxe. As miñas razóns son algo distintas, el conta experiencias persoais que eu vivín dun xeito distinto, pero tamén teño recordos daqueles primeiros anos 90 do século pasado.
O defunto (morreu este pasado día 23), ademais de rematar de aniquilar á Unión Soviética, crear caos social e amañar eleccións, foi quen iniciou a guerra en Chechenia onde o Exército Ruso cometeu algunha que outra atrocidade. Primeiro Presidente da República Federal de Rusia e consagrado líder nacionalista, no seu funeral foi loubado por grandes líderes da Dereita Internacional como Margaret Thatcher, Helmut Khol, George Bush e o seu sucesor Vladimir Putin, entre outros paladíns da defensa do Libre Mercado (que non da Democracia).
Penso que quedou claro o por que aborrezo a Boris Ieltsin.
