Anotando

Entries from Maio 2007

Festa fin de Campaña

Maio 23, 2007 · Deixa un comentario

Estades todos e todas convidados á festa fin de campaña que Esquerda Unida celebrará este venres no local do Clube de Remo Mecos, en Rons. Haberá música en directo a cargo do grupo local Alto Volta, aínda que temos que temos que comunicar a triste noticia de que os Phantom Keys, quen en principio tamén participarían, non o poderán facer ao lesionarse nun tendón dunha man o seu batería Javi. Mais a pesares de este incidente, os Pahntom tamén se sumarán á festa.

Non o esquezades, este venres ás 22:30 no local do Clube de Remos Mecos en Rons.

Categorías: Esquerda Unida · Música · O Grove

Campaña electoral

Maio 16, 2007 · 1 comentario

Podedes ver que estes últimos días as actualizacións do blog son máis escasas do habitual. O motivo non é outro que o inicio da campaña electoral, e todo o traballo que conleva.

Estaremos esta campaña na maioría de barrios do Concello, dando a coñecer ante os veciños e veciñas o noso programa electoral e rendindo contas do traballo realizado polo noso grupo municipal durante os últimos catro anos. Estivemos onte en Tele Salnés, e hoxe pola tarde en Radio Arousa, de 19 a 20 horas. Teremos o noso Mitin Central o domingo 20 ás 12 horas no Cine o Marino, onde vos esperamos a todos e todas. Para o resto de actos, consultade a axenda na web de EU-EdG.

Aproveito este pouco tempo que teño para escribir para anunciarvos tamén un acto que non é de campaña electoral, senón un acto cultural organizado pola Comisión pola Memoria Histórica, que será a lectura dunha obra de Manuel Lueiro Rei, escritor e concelleiro comunista de O Grove, o xoves día 17, Día das Letras Galegas, ás 12 horas na Praza de Arriba, e no cal participarei ao igual que outros moitos veciños e veciñas de O Grove.

Remato cunha petición típica de campaña electoral, e non é outra que pedirvos o voso voto á candidatura de homes e mulleres que presenta Esquerda Unida a estas eleccións. Se estades de acordo co programa que presentamos e realmente ansiades un goberno de progreso e de esquerdas no noso Concello, o voto por Esquerda Unida é o consecuente.

Obtede máis información na web de EU-EdG.

PD: sinto non ter tempo para unha correcta e máis axeitada redacción, pero agora mesmo estou pensando en demasiadas cousas a un tempo e estou realmente ocupado.

Categorías: Esquerda Unida · O Grove · Política

O naval en loita

Maio 10, 2007 · Deixa un comentario

Supoño que vos chegarían as noticias da folga do sector do naval da provincia de Pontevedra que se está a librar estes días. Os traballadores, ante o incumprimento por parte de varias empresas do sector do convenio provincial asinado hai escasamente un ano e curiosamente despois dunhas duras xornadas de folga en todo o sector do metal pontevedrés, estanse a mobilizar na cidade de Vigo con cortes de avenidas e outras medidas de presión. A resposta da patronal é negarse a sentarse a negociar, botando balóns fora e tentando facer ver como exaltados e incívicos aos traballadores que reclaman os seus dereitos. O resto da clase traballadotra só podemos facer unha cousa, dar o noso apoio e solidariedade aos traballadores do naval en folga. Adiante compañeiros!

Comunicado da Xuventude Comunista en solidariedade cos traballadores do naval.

Categorías: Galiza · Xuventude Comunista

Hai debate

Maio 3, 2007 · Deixa un comentario

Hoxe ás 20:15 horas haberá un debate organizado por Iniciativa 3 no que interviremos os seis candidatos que nos presentamos a estas eleccións municipais polos distintos partidos políticos. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey onde se espera bastante público.

A verdade é que sona interesante. Esta é unha oportunidade que os veciños podedes aproveitar moi ben xa que escoitaredes as propostas que vos faremos desde os distintos grupos políticos nun só acto, puidendo valorar as distintas iniciativas estando ainda frescas todas. Isto complementará aos mitins que faremos durante a campaña electoral e os trípticos co noso programa que vos faremos chegar, e que poderedes atopar na nova web de Esquerda Unida – Esquerda do Grove.

Categorías: Esquerda Unida · O Grove · Política