Podedes ver que estes últimos días as actualizacións do blog son máis escasas do habitual. O motivo non é outro que o inicio da campaña electoral, e todo o traballo que conleva.
Estaremos esta campaña na maioría de barrios do Concello, dando a coñecer ante os veciños e veciñas o noso programa electoral e rendindo contas do traballo realizado polo noso grupo municipal durante os últimos catro anos. Estivemos onte en Tele Salnés, e hoxe pola tarde en Radio Arousa, de 19 a 20 horas. Teremos o noso Mitin Central o domingo 20 ás 12 horas no Cine o Marino, onde vos esperamos a todos e todas. Para o resto de actos, consultade a axenda na web de EU-EdG.
Aproveito este pouco tempo que teño para escribir para anunciarvos tamén un acto que non é de campaña electoral, senón un acto cultural organizado pola Comisión pola Memoria Histórica, que será a lectura dunha obra de Manuel Lueiro Rei, escritor e concelleiro comunista de O Grove, o xoves día 17, Día das Letras Galegas, ás 12 horas na Praza de Arriba, e no cal participarei ao igual que outros moitos veciños e veciñas de O Grove.
Remato cunha petición típica de campaña electoral, e non é outra que pedirvos o voso voto á candidatura de homes e mulleres que presenta Esquerda Unida a estas eleccións. Se estades de acordo co programa que presentamos e realmente ansiades un goberno de progreso e de esquerdas no noso Concello, o voto por Esquerda Unida é o consecuente.
Obtede máis información na web de EU-EdG.
PD: sinto non ter tempo para unha correcta e máis axeitada redacción, pero agora mesmo estou pensando en demasiadas cousas a un tempo e estou realmente ocupado.

1 resposta so far ↓
Johny Auschwitz (ex-peinados rebeldes, ex-lentejas los miercoles) // Maio 20, 2007 a 4:01 pm |
O dia 2 de junho será a apresentaçom em direito do meu novo projecto musical “Johny Auschwitz & Gonzalo” em La Rad, Salamanca!!! será algo así entre nick cave e talulah gosh… e o dia 16 de Junho estamos acompanhado ao cantautor “Javi Gonzalez” em tex-mex, no Paseo de la Habana, Madrid.