Anotando

Entries from Xuño 2007

De volta

Xuño 28, 2007 · Deixa un comentario

Xa pasou un mes desde as eleccións municipais e aínda non renovei o blog. A verdade é que non parei desde aquela. Despois do cabreo que pillei o domingo 27, tocou sentarse a negociar o famoso xa cuatripartito, con xuntanzas todos os días durante unha semana, atendendo con moito tino aos medios de comunicación que non paraban de chamar. Despois visitar Vigo para ir recollendo as miñas cousas do piso, que rematou o curso xa. O sábado 16 toma de posesión como concelleiro e visitas ao Concello para coñecer de primeira man como anda a cousa antes de poñerme a traballar como concelleiro de xuventude, persoal, formación e emprego, entre moitas outras cousas entre as que están a familia e os amigos, que merecen tamen unha atención especial.

A partir de agora espero poder voltar a unha periodicidade de polo menos un post por semana, e que os que por aquí pasades, que non sodes poucos, poidades saciar a vosa curiosodade.

Categorías: Cousas