Únome á campaña de protesta polo secuestro da revista El Jueves. Como seguramente saberedes, o xuíz Del Olmo ordeou secuestrar esta revista humorística polo simple motivo de sacar en portada ao príncipes de España practicando sexo (algo que a monarquía e o poder xudicial parece que califican de deshonroso) cunha piada sobre as veces que traballou Felipe de Borbón na súa vida. Quitando que o debuxo non ten nada de “finura”, non vexo motivos suficientes para o secuestro da revista, pois só está caricaturizando a dous persoeiros públicos, como pasa todos os días con outras persoas que non son membros da familia real.
Isto vennos a demostrar que España está desfasada. Mantemos unha institución anacrónica como a monarquía e inda por riba non podemos facer chistes sobre eles. O que está claro é que o único chiste de mal gusto é que teñamos que estar a manter a estes parásitos. Cada día queda menos, a Terceira é nosa!
O pasado sábado día 23, véspera de San Xoan, reunímonos unhas 60 persoas en Aios para participar no que se veu en chamar Foro de Portonovo Homenaxe a Ramón de Valenzuela.
Acudimos xentes de todo o país militantes, ex-militantes e simpatizantes do Partido Comunista de Galicia convocados polo histórico militante Luis “O Ferreiro”, vello camarada que a pesares da tortura, as vexacións e as dificultades sufridas, nunca deixou de lado a loita pola causa libertadora do comunismo. Luis puxo a disposición dos que alí acudimos a súa casa e unha suculenta comida entre a que non faltou, como non podía ser doutro xeito, a sardiñada. Despois do xantar, o catedrático Xesús Alonso Montero iniciou e moderou o debate que era o que alí nos levaba. Recordou a figura de Ramón de Valenzuela, militante primeiro do Partido Galeguista e despois do Partido Comunista, que poñía a disposición do Partido a súa casa da Adina para as xuntanzas clandestinas.
O debate foi enriquecedor, con aportacións da inmensa maioría dos presentes, tratando temas como a necesidade de relanzar o proxecto comunista do socialismo democrático, da situación actual de Esquerda Unida, das experiencias vividas polos vellos camaradas e sobre todo da necesidade de loitar por un futuro mellor. Por desgraza, eramos moitos a falar e non puidemos quedar até o final do debate, polo que quedamos sen escoitar o que seguramente foron outras interesantes intervencións dos que aínda non tomaran a palabra.
Certamente a experiencia foi positiva, e agardo que este primeiro Foro teña continuidade no tempo. Sinalar tamén que a pesares de ser a inmensa maioría militantes ou simpatizantes do PCG, tamén estaban presentes persoas de outros partidos, como o Secretario Xeral do Partido Comunista do Povo Galego, o camarada Collazo.
Experiencias como esta son enriquecedoras na formación política e persoal de todo xoven comunista.