Anotando

Entries from Agosto 2007

III Con Negro Paraxe Festival e Telephones Rouges

Agosto 29, 2007 · Deixar un comentario

Esta fin de semana (venres, sábado e domingo) celebrarase o III Con Negro Paraxe Festival, organizado pola Asociación Cultural Con Negro, e que conta coa colaboración do Concello do Grove. Este festival contará, entre outras actividades, coas actuacións de diferentres grupos noveis da comarca.
Porgramación do festival.

Tamén esta sábado día 1 de setembro, actuará o grupo local Les Telephones Rouges no pub TNT. Será ás 00h e a entrada será de balde.

Categorías: Música · O Grove

A mentira dos agrocombustíbeis

Agosto 14, 2007 · 5 Comentarios

Últimamente andamos ás voltas co cambio climático. Documentais e películas nas que se anuncian catástrofes, mensaxes alarmistas de certos grupos ecoloxistas e campañas de organismos oficiais pretenden concienciarnos sobre a necesidade de parar o deterioro do Planeta por causa da acción humana.

Unha das últimas alternativas que se nos propoñen desde a industria son os mal chamados “biocombustíbeis” ( o prefixo bio significa vida e está relacionado socialmente coa ecoloxía e a saúde), que non son máis que aceites e alcohois que se obteñen a partires da materia orgánica de determinadas prantas (soia, millo, remolacha…). Estes combustíbeis, a pesares de que a primeira vista poden aparentar ser unha alternativa ecolóxica aos combustíbeis fósiles non son tan inócuos como parecen, son o lobo con pel de cordeiro.

Por que digo isto? O modelo de explotación capitalista deste tipo de cultivos, onde hai que utilizar grandes áreas para abastecer aos mercados mundiais, utilizar fertilizantes etc, axuda a deteriorar o solo, que queda contaminado polos fertilizantes necesarios, reduce a biodiversidade das zonas onde se cultivan, utilízanse sementes alteradas xeneticamente, nos países do Terceiro Mundo (principais produtores) desprazan ás povoacións rurais e indíxenas, e o máis grave de todo: a produción de agrocombustíbeis pon en perigo a Soberanía Alimentaria dos pobres do Mundo ao destinar superficie cultivábel a abastecer combustíbl para os coches dos ricos en troques de para producir alimentos, e todo isto a cambio dunha redución irrisoria nas emisións de CO2, que en determinados casos non existe, dependendo das características da plantación.

É absurdo tentar manter o actual estilo de vida consumista no que vivimos os ricos do Mundo (EUA e UE son os principais impulsores deste tipo de combustíbeis, xunto con Brasil, un caso particular) a costa de poñer en perigo a Soberanía Alimentaria dos que xa teñen dificultades e contaminándolles o seu territorio. Unha proba máis de que o capitalismo mata. O lóxico é apostar polo aforro enerxético, as enerxías renovábeis (algunhas, pois os agrocombustíbeis entran dentro desta categoría) e camiñar cara outro tipo de produción alternativa ao capitalismo, camiñar cara un mundo socialista.

O tempo dirá se este tipo de combustíbeis son ou non a alternativa ao petróleo, a día de hoxe está claro que non a representan, mais tal vez avances científicos nos axuden a introducir os combustíbeis vexetais nas nosas vidas de xeito non lesivo co medio ambiente nin coa Humanidade.

Algunhas ligazóns interesantes sobre este tema:

Categorías: Ciencia · Internacional · Política

Memoria Histórica

Agosto 3, 2007 · Deixar un comentario

Sólo los que tienen algo que ocultar pueden pensar que legislar sobre la memoria es reabrir heridas

Paul Preston, historiador.

Interesantes reflexións do historiador Paul Preston sobre a memoria histórica en España.

Categorías: Citas · Cousas · España · Memoria Histórica