Entries from Setembro 2007
Chaves y el PSOE han cambiado de ideólogo a Pablo Iglesias por Jaime Peñafiel
Antonio Romero, deputado no Parlamento Andaluz por Izquierda Unida, en relación á decisión do PSOE de facer cambiar de opinión aos seus concelleiros de Humilladero que votaron en favor de un proceso constituinte cara a III República.
Categorías: España · Esquerda Unida · Organizacións Políticas · Partido Comunista · Política
Tagged: república, andalucía, izquierda unida
Onte saiu do prelo o primeiro número do xornal Público, un diario que pretende encher ese oco que os lectores críticos atopamos no mundo periodístico actual, e que a primeira vista, pode chegar a encher este novo medio de comunicación escrito.
O seu director, Ignacio Escolar, respondeu no seu blog a unha serie de cuestións prantexadas polos internautas sobre Público, nunha especie de FAQ que nos despexa bastantes dúbidas sobre o que pretende ser este medio.
Onte merqueino e hoxe tamén, e a primeira impresión é positiva, aínda que non podo chegar a afirmar que se convertirá no xornal que merque todos os domingos. De momento, deixáronme grata impresión o enfoque das noticias e varios artigos de opinión (Instrumentalización de lo íntimo e Demagogia de los hechos, da edición de hoxe, dous artigos que fan pensar). Ademais, polos só 50 céntimos que vale, trae de regalo unha película: onte Los lunes al sol, e hoxe Fahrenheit 9/11.
A ver se de certo cambia o panorama informativo.
Categorías: España · Información e noticias
Tagged: público, escolar, prensa

Esta fin de semana a Mequiña deu as súas últimas padexadas na Liga San Miguel de traíñas.
No play-off polo ascenso/descenso Mecos non conseguiu manterse na máxima categoría do remo de banco fixo despois dunha tempada na que alcanzou o decimoprimeiro posto da táboa clasificatoria, penúltimo posto da liga. O Clube de Remo Mecos remata así un ciclo que comezou no ano 2003 cando alcanzou a segunda praza da primeira edición da Liga ACT. Para o ano toca competir, para voltar a estar no máis alto, coas traíñas da Liga Galega, onde o outro clube de remo local, Amegrove, alcanzou este ano o sexto posto da clasificación xeral.
Categorías: Deportes · O Grove
Tagged: act, amegrove, mecos, O Grove, remo
Esta semana celebraranse en O Grove, entre os días 19 e 22 no Cine O Mariño, as xornadas O dereito a saber, a liberdade a investigar, organizadas pola Iniciativa Galega pola Memoria Histórica, o Consello pola Memoria e a Asociación pola Memoria Histórica do Grove.
Estas xornadas comprenden conferencias, presentacións, proxeccións e táboas sobre a memoria histórica e a investigación e os seus problemas, contando coa presenza de excelentes poñentes coñecedores da materia como Víctor Manuel Santidrián Arias, por poñer só un exemplo.
Para máis información, visita o páxina web das xornadas, onde poderás atopar a declaración de principios, a composición da comisión organizadora así como o programa definitivo.
Categorías: Galiza · Memoria Histórica · O Grove
Tal día como hoxe, un 11 de setembro de 1.973, un levantamento militar dirixido polo recentemente falecido Agusto Pinochet, remataba co goberno da Unidade Popular de Chile, presidido polo socialista Salvador Allende, quen faleceu nos bambardeos sobre o Palacio de la Moneda, sede da presidencia da república chilena.
O goberno da Unidade Popular era un goberno de progreso, coalición de numerosas forzas e movementos da esquerda política e social, onde os dous partidos conformantes máis importantes eran o Partido Socialista de Chile e o Partido Comunista de Chile, con 27 e 26 deputados respectivamente dentro da coalición. O golpe de Estado dirixido por Pinochet, estableceu no país americano unha ditadura fascista que acabou coa vida de miles de homes e mulleres defensores da democracia e a liberdade, e un número incontábel de represaliados, entre os que se atopa a actual presidenta chilena Michelle Bachelet.
Curiosamente, estes días andan por Chile conmemorando este acontecemento para que non se volva a repetir, e os carabineros respostaron coa detención de 143 manifestantes.
Tamén un 11 de setembro de hai seis anos, dous avións botaron abaixo as torres do edificio do World Trade Center en New York, comezando así a cruzada contra o terrorismo islamista do goberno de George W. Bush.
E tamén hoxe, 11 de setembro, se conmemora a Diada, o día nacional de Cataluña.
Un día cargado de conmemoracións.
Categorías: Internacional · Política
Categorías: Cine · Cousas · Humor
Onte volvín ir ao cine despois de moitísimo tempo (tanto que case non me acordo) para ver a última película dirixida por Quentin Tarantino, (Death Proof, unha das partes de Grindhouse. A outra é Planet Terror) autor de fantásticos filmes como Reservoir Dogs, Pulp Fiction ou Kill Bill.
Esteticamente a película é moi boa, e conta cunha inmellorábel banda sonora, o que contrasta co pobre argumento e a primeira media hora de filme na que non pasa nada.
En global, recomendo ver este película, aínda que podemos afirmar que non é do mellor de Tarantino.
Unha crítica da película.
Categorías: Cine · Música
Esta fin de semana acebei de ler Q, unha novela publicada na Italia no ano 1.999 e traducida a diversos idiomas, mantendo en todos eles a cláusula copyleft que permite a copia legal do libro sempre sen fins comerciais sen ter que pedir permiso. De feito, é descargábel da web dos autores, ao igual que todas as suas obras.
O autor da obra é Luther Blissett, pseudónimo utilizado por un movemento artístico underground. En realidade, a obra é colectiva, escrita por cinco italianos boloneses que agora publican baixo o pseudónimo Wu Ming, que significa anónimo en chinés mandarín. Os autores manteñen unha web baixo o nome de Wu Ming Foundation.
A historia trata sobre un radical anabaptista que se enreda en diversas loitas ao longo de toda Europa nos tempos da Reforma (s. XVI) e un misterioso personaxe que se fai chamar Q, espía ás ordes dun cardeal católico. Estes dous personaxes, aínda que non o pareza, gardan unha íntima relación nunha longa, enredada e fabulosa trama.
Absolutamente recomendábel.
Categorías: Libros