Anotando

Entries from Outubro 2007

Eleiçons municipáis em Cuba

Outubro 24, 2007 · 2 Comentarios

Uns dim que em Cuba nom hai eleiçons. Mas estám trabucados, pois esta semana realizárom-se eleiçons para elegir representantes municipáis no país caribenho.

Outros dim que as eleiçons en Cuba estám amanhadas e que só te podes presentar como candidato se es do Partido Comunista. Outro engano. Em Cuba pode ser candidato qualquer cidadám que seja proposto por outro, os chamados “disidentes” tamém.

O periodista Pascual Serrano explica-nos na sua web o proceso eleitoral cubano que viviu esta semana em primeira persoa.

Tamém a web cubainformación tem um vídeo explicativo de como se realizam as eleiçons na maior das Antilhas.

Por suposto, nos medios capitalistas nem umha palavra disto.

Categorías: Internacional · Política

Prémio Nobel da Paz 2.007

Outubro 16, 2007 · 2 Comentarios

Este ano 2.007, ao Comité Nobel deuse-lhes por outorgar o Prémio Nobel da Paz, junto ao IPCC da ONU, ao político estadounidense Al Gore.

Esta personage, que se puxo de moda o ano pasado por encher os petos a conta de fazer propaganda ecologista coa sua película documental An inconvenient truth (Umha verdade incómoda), tem umha trajectoria, como vice-presidente dos EUA, que non foi en absoluto pacifista nem ecoligista. Baixo o madato Clinton-Gore, os EUA bombardeárom diversos países como Irak (si, Irak), Iugoslávia, Albania ou Liberia entre outros utilizando armamento nuclear, que demais de matar a civis indefensos, contaminou con uránio emprobrecido os lugares que tivérom a desgraça de cair no ponto de mira estadounidense. Ademais, o famoso Protocolo de Kioto, acordo internacional para frear o cámbio climático, non foi ratificado polo governo do que o premiado era vicepresidente, perdendo este umha oportunidade de ouro de predicar co exemplo, e nom coa gorra como fai atualmente.

Em fim, ou o Comité Nobel nom conhezia o passado de Gore, ou os lobbies deste trabalham perfeitamente para conseguir os seus intereses, ou o mais triste de todo, o Comité Nobel nom atopou a ninguém realemente merecedor deste prémio internacional e de prestigio.

Relacionado:

Categorías: Internacional · Política
Tagged: , , , , ,

40 anos sen o Che

Outubro 8, 2007 · Deixa un comentario

Che Guevara

Foi un 9 de outubro de 1.967 cando en La Higuera, Bolivia, Mario Terán, soldado boliviano, disparou contra Ernesto Guevara para quitarlle a vida para sempre, baixo o control de Félix Rodríguez, o axente da CIA que supervisaba a operación.

Mais a pesares de darlle morte biolóxica, o pensamento e o soño do Che seguen vivos. A famosa fotografía que lle tirou Alberto Korda un 5 de marzo de 1.960 nun mitin na Habana no que ao redor de un millón de persoas acudiron a escoitar a Fidel Castro e oas líderes revolucionarios, está presente nas nosas vidas cotiás en cartaces, camisolas, cartafois, etcétera, mantendo vivo o recordo e os soños de liberdade, igualdade e socialismo polos que o guerrilleiro arxentino-cubano loitou durante a súa heroica vida.

Corenta anos sen o Che, e aínda estremecen os versos da canción que Carlos Puebla compuxera na súa horna:

Aprendimos a quererte
desde la histórica altura
donde el sol de tu bravura
le puso un cerco a la muerte.

Tu mano gloriosa y fuerte
sobre la historia dispara
cuando todo Santa Clara
se despierta para verte.

Aquí se queda la clara,
la entrañable transparencia,
de tu querida presencia
Comandante Che Guevara.

Mataron a un home, e crearon un mito.

Categorías: Internacional
Tagged: ,

Lentejas los Miércoles died young and good looking

Outubro 3, 2007 · 1 comentario

Single recopilatorio de Lentejas Los Miércoles. A desaparecida banda local reaparece no panorama actual grazas a Discos de Mierda, quen tira do prelo este recopilatorio da mellor banda de synth-punk de Ogrove, e que ademais inclúe entre os seis temas un inédito que os compeñentes desta banda gravaron en agosto no seu estudio do Con, facendo un alto na gravación da primeira maqueta dos Schizophrenics Housewives, a nova banda dos ex-Lentejas Martin J. Fox e Jimmy Stradivarius.

Podes facer o teu pedido deste disco elexindo unha das tres portadas que se deseñaron para a ocasión. Date presa, pois a edición é limitadísima a tan só 99 copias.

Categorías: Música · O Grove
Tagged: , , ,