Esta semana vou-me para o Sahara. Estarei ali umha semana nos campamentos de refugiados saharauis em Tindouf, como membro da Brigada Internacionalista ao Sahara organizada pola Unión de Juventudes Comunistas de España.
Levaremos diverso material solidário, como material escolar, mencinhas e outros. Reuniremo-nos com distintas organizaçons saharauis de mulheres, de estudantes, Frente Polisário, e visitaremos museos, hospitais e escolas.
Umha brigada internacionalista é umha ferramenta formativa, política e de solidariedade, com o objectivo de crear activistas da solidariedade internacional.
A República Árabe Democrática Saharaui (RADS, aínda que mais conhecida como Sahara Occidental) foi fundada no ano 1.976 despois de ter sido colónia espanhola desde 1.884 até 1.976, sendo abandoado o povo saharaui polo governo espanhol á sua sorte, entrando entom os exércitos marroquino e mauritano á conquista deste territorio. As tropas mauritanas foron derrotadas pola resistência saharaui e o governo de Mauritánia reconheceu á RADS, mentres que Marrocos aínda hoje em dia segue a ocupar parte do territorio deste país (os 2/3), o que fai que perto dumhas 200.00 pessoas dos aproximadamente 1.000.000 de habitantes saharauis vivam em campamentos de refugiados ao sul de Argélia, arredor da cidade de Tindouf.
—————-
Now playing: Cockney Rejects – East End
via FoxyTunes
Categorías: Cousas · Internacional · Xuventude Comunista
Comunicado da Xuventude Comunista facendo un chamamento a reunirse o sábado 24 ás 18 horas na Praza da Fonte do Galo en contra do fascismo.
———————————————————————————————————————————
Concentración antifascista en O Grove. Sábado 24 ás 18 horas na Praza Fonte do Galo.
A Xuventude Comunista quere mostrar a máxima condea e repulsa fronte o brutal asasinato dun mozo antifascista de 16 anos e o apuñalamento de outro mozo perpretados por un neonazi en Madrid, así como fronte á brutalidade policial que deixou gravemente ferido a outro mozo a causa do impacto dunha pelota de goma contra a súa cabeza.
Unímonos á dor de todas e todos as compañeiras e compañeiros antifascistas e queremos mostrar as nosas condolencias e toda a solidariedade coa familia e as compañeiras e compañeiros do mozo antifascista asasinado nestes duros momentos.
Mostramos a mesma solidariedade cos feridos, aos que desexamos unha pronta recuperación.
A Xuventude Comunista súmase ás concentracións de repulsa convocadas en outras cidades do país e animamos a toda a xuventude a participar das mesmas.
Facemos un chamento á unidade na loita contra o fascismo e a impunidade, por iso animamos a todos os defensores da liberdade e antifascistas a que se sumen á concentración que terá lugar este sábado 24 de novembro ás 18 horas na Praza Fonte do Galo (antigamente dos caídos).
PECHEMOS AS PORTAS AO FASCISMO
UNIDADE ANTIFASCISTA
NENGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA
Categorías: O Grove · Organizacións Políticas · Xuventude Comunista
Tagged: antifascista, concentración, O Grove, ogrobe, ogrove, Xuventude Comunista

Hai um mês escaso conmemorava-se o aniversário do lanzamento do Sputnik-I, o primeiro satélite artificial lanzado ao espácio pola humanidade.
Onte cumprírom-se 50 anos desde que a cadela Laika fora o primeiro ser vivo en sair da atmosfera terrestre, a bordo do Sputnik-II, e sacrificar a sua vida em prol do avance científico.
A Uniom Soviética foi o primeiro estado do mundo em conquistar o espácio, e entrou numha dura pugna cos Estados Unidos pola supremacia neste campo científico-tecnológico. Hoxe en dia, a NASA e a ESA colaboran em projectos científicos a realizar em microgravidade, mentres em Ásia, China, Japom e Índia investigam a marchas forçadas para chegar a ser a nova potência espacial asiática.
Mais info sobre Laika:
Categorías: Ciencia · Internacional
Onte estivem em Compostela no concerto dos The Homens na sala Nasa. O grupo de power pop galego estivo a verdade bastante bem, com gram energia no escenário e empalmando um tema tras outro com grande vitalidade.
Por desgraça nom se pode dizer o mesmo de quem os precedérom, os tamém galegos Fanny + Alexander. Insulsos, sem força, sem graza e totalmente faltos de presença som os qualificativos que lhes podemos ofrecer a este duo de tonti-pop electrónico. Tentárom facer-se os macarras no seu último tema cum estribilho que repetia “merda de DJ”, mas o que fissérom foi o ridículo. Menos mal que só chegamos ao final da sua atuaçom e que The Homens puxérom no escenário o que os seus teloeiros nom fórom capaces.
Categorías: Galiza · Música