Anotando

En lembranza de Xaime Quessada

Xaneiro 11, 2008 · Deixa un comentario

Texto tirado da página web do Partido Comunista de Galicia em honor de Xaime Quessada, exemplar comunista e artista galego inimitável.

Xaime Quessada

O falecemento de Xaime Quessada non só supón unha irreparable pérda da plástica galega, supón a perda dun dos referentes intelectuais do antifranquismo e do compromiso co socialismo. Dende os tempos da clandestinidade, co sea aporte intelectural e artistico foi un dos referentes do comunismo ourensano participando activamente nas campañas promovidas polo PCG. As abundantes obras e actos de Xaime con esa causa afortunadamente enchen paredes e libros da nosa terra e son parte imborrable da memoria cultural de Galicia.

Jaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, naceu en Ourense en 1937. Con dezanove anos ingresou na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, entrando a formar parte, con José Luis de Dios e Acisclo Manzano, do grupo O Volter, inspirado por Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo. En Madrid, intégrase no grupo Acento.

En 1960, inicia unha longa traxectoria de exposicións que o levarán a percorrer os cinco continentes, e gaña varias medallas, como a lograda na Exposición Nacional de Belas Artes. Dous anos despois trasládase a París, onde estudará gravado, especialidade na que é mestre consumado e da que editou importantes carpetas, e nos anos setenta dá o salto a América. Nos anos oitenta inicia, por encargo da Unesco, a ilustración dunha edición políglota de El Quijote e ao longo dos 90 deseña o vestiario dalgunhas obras de teatro.

Foi un dos fundadores da UNION DO POBO GALEGO, organización que tempranamente abandoaria para integrarse no PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA organización coa que colaborou ate a súa morte, sendo o autor do grabado de homenaxe a GAIOSO e SEOANE organizado en 2000 polo PCG.

Xaime Quessada é un dos artistas galegos de maior proxección; a súa obra atópase en museos e salas de diferentes continentes, desde o Museo de Stuttgart e o Museo Nacional de Arte Moderna de México, ata o Museo do Pobo Galego e o de Arte Contemporánea de Madrid, ou o Museo de Arte Moderna de La Habana.

Traballa o óleo, o gouache, o pastel, a acuarela, o gravado, o augaforte e o linóleo, sendo a un tempo figurativo e abstracto, impresionista, expresionista e académico. Escribiu varios libros, entre os que destacan Lucenza e El recristo de Baraña.

Recibiu a Medalla de Ouro das Escolas Nacionais de Belas Artes-Pensionados Paular en 1959, ano no que o distinguiron co Premio Fenorella. Foi galardoado coa Terceira Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Barcelona en 1960, e catro anos despois coa Medalla de Prata da Cidade da Coruña.

Categorías: Galiza · Partido Comunista

0 respostas so far ↓

  • There are no comments yet...Kick things off by filling out the form below.

Deixa un comentario