Anotando

Histôria do Sanatório da Lanzada

Febreiro 11, 2008 · 2 Comentarios

A continuaçom imos com um pouco de histôria. O texto que segue é um trabalho de Xan Caneda, ex-concelheiro por Esquerda Unida e Esquerda de Galicia no Concelho de Ogrove, e que trata sobre a histôria do Sanatório da Lanzada. Agardo que seja do vosso interesse.

SANATORIO DE A LANZADA

(de hospital para enfermos tuberculosos a centro de vacacións)

A finais dos anos 1800 a peste blanca ou tuberculosis fai estragos na población do Estado, os médicos buscan por tódolos medios de encontrar tratamentos eficaces contra a mesma, un deles, o Catedrático da Universidade de Santiago Dr. Miguel Gil Casares, inicia unha loita contra ésta enfermidade en Galicia,   fruto desta loita e tesón, consigue orgaizar nos primeiros días de outubro do 1925 o I Congreso Antituberculoso de España que se celebra no Gran Hotel Balneario da Illa de A Toxa, (neses momentos varios Concellos galegos ofrecíanse para que se construíse un Sanatorio nos seus Municipios), o Dr. Gil Casares viña defendendo que a mellor ubicación para o mesmo era a praia de A Lanzada, así o defendeu e consigueu que éste I Congreso acordase a construcción do mesmo neste lugar, sendo éste acordo o punto de partida da construcción do Sanatorio antituberculoso, que levaría o nome de Sanatorio Marítimo Príncipe de Asturias (en honor de Fernando VII).

(máis…)

Categorías: Memoria Histórica · O Grove