8 marzo: esixindo realidades
Desde que o 8 de marzo de 1.857 unhas 146 obreiras da fábrica téxtil Triangle Shirt Waist Company de Nova York morreran queimadas no interior da factoría durante unha folga na que reclamaban melloras laborais e seguridade no traballo xa pasaron moitos anos de mobilizacións e loitas polos dereitos das mulleres. Na actualidade a loita feminista debe continuar, pois a igualdade plena de homes e mulleres aínda está por conseguir; igualdade no acceso ao traballo, igualdade salarial, igualdade social, Lei de Prazos do aborto… son moitas as metas a alcanzar, mais coa loita das mulleres e dos homes conscientes, poderemos alcanzalas.
