Anotando

Abril 14, 2008

Pola Terceira República. Pola Democracia Participativa. Contra a precariedade.

Gardado en: España, Política, Xuventude Comunista — lamelas @ 5:32 pm

Abril 9, 2008

Leo Bassi. Umha bomba no Teatro Alfil

Gardado en: España, Internacional — lamelas @ 10:14 pm

Versom curta do documental Torquemada y el Bufón, no que se amosa como a extrema dereita católica fai uso do terrorismo em contra do uso da liberdade de expressom que eles consideram blasfémia. Seguramente o recordaredes, quando durante a representaçom da obra do itliano Leo Bassi, La Revelación, no madrilenho Teatro Alfil, extremistas católicos se manifestárom em contra da obra que fai apologia do laicismo e o ateísmo, até o ponto de colocar umha bomba no interior das instalaçons.

PD: nom vos olvidedes dos actos que esta fim de semana organiza a Asociación da Memoria Histórica de Ogrove.

Abril 2, 2008

Actos mes de abril organizados pola Asociación da Memoria Histórica do Grove

Gardado en: Memoria Histórica, O Grove — lamelas @ 7:18 pm

Comunicado que envía a AMH anunciando os distintos actos que levará a cabo neste mes de abril.

A ASOCIACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE OGROVE organiza o próximo venres día 11 de abril unha charla sobre a guerrilla antifranquista (os maquis) no Cine O Marino as 20 horas, a mesma será presentada por Xosé Avelino Ochoa Gondar, Vicepresidente da AMH Ogrove, intervindo Victor Santidrián, doutor en historia, director da Fundación 10 de Marzo de CCOO, especialista na historia do Partido Comunista e Aurora Marco, catedrática da USC e que falará sobre o papel das mulleres na guerrilla antifranquista. A continuación proxectaranse os documentais históricos: “Bandoleiros ou Guerrilleiros” de José A. Sanmartín, o cal tenta dar unha imaxe dos guerrilleiros galegos dende o punto de vista político, social, humán e cultural. A historia real da vida e morte de algúns guerrilleiros galegos como: Manuel Ponte, Enriqueta Otero, Foucellas, O Piloto, etc. e “Lobos Sucios” de Felipe Rodriguez Lameiro, coa intervención de Manolo Rivas, este documental saca a luz os entresixos da revolución mineira do Wolfram en Galicia durante a posguerra civil española.

O sábado día 12, a partir das 21,30 horas no Restaurante Mar do Norte, en Lampans (San Vicente) celebraremos a II Cena conmemorativa da II República, a cal será amenizada polo trio de Jazz Mister Misty Jazz-Group, trio formado por Lidia Carrión, voz, Antón Bello, contrabaixo e Rafa Otero (morqueiro), guitarra. O precio é de 40 € por persoa, sendo o último día para facer a reserva o día 9 de abril, no mesmo Restaurante ou chamando os teléfonos: 669658151-677454789

Bloguea en WordPress.com.