Anotando

Sobre min

Chámome Juan Lamelas. Son militante da Xuventude Comunista Galega e de Esquerda Unida, forza pola cal saín elexido concelleiro no Concello de Ogrove. Actualmente curso estudos de Enxeñaría Técnica Industrial en Mecánica na Universidade de Vigo.

12 Comentarios »

  1. A NOVA REIVINDICACIÓN MUSICAL DE QUE SAN VICENTE EXISTE MÁIS ALÓ DA CORRUPCION URBANISTICA, DA BASE SOCIAL DE VOTANTES DO PP, DAS PRAIAS E DAS PATACAS. HAI VIDA INTELIXENTE SOTERRADA E ESTA E A DEMOSTRACION

    TELEPHONES ROUGES, ART ROCK DESDE A ALDEA.

    http://WWW.MYSPACE.COM/LESTELEPHONESROUGES

    Comentario por René Abalinos — Marzo 23, 2007 @ 3:23 am

  2. Home, que ledicia cando che vin no xornal. Confío en que teñas sorte. Cando queiras quedamos para rememorar as nosas xestas en La Maruca. Adelgacei algo… Xa me contarás que é de todos… Álvaro, Ramplín… Unha aperta,

    David

    Comentario por David Souto — Xuño 2, 2007 @ 11:36 am

  3. Que pasa meu!!!
    (Dalle vidilla a este space que lle falta cor)
    Estaba navegando e atraquín aquí no teu space para ver que contas, pero entendo que non teñas tempo pa adicar a estas tarefas.
    Ánimo na nova etapa que tes por diante. A idade e coma o tamaño, non conta. O importante e que teñas a cabeza ben amueblada e ganas de traballar.
    Ti xa sabes que contas co apoio incondicional de moita xente. Estamos seguros de que o vas a facer ben. Un saudo.

    Comentario por Vermella — Xuño 21, 2007 @ 10:12 pm

  4. Hola.

    Estou afastado do mundo da política e non teño inclinaciós, e digo ésto en primeiro lugar par que quede claro que o que expoño non leva carga…

    E ben, coido que O grove é un pobo do que se podería “fardar” en canto a que ten un volume nada despreciable de tráfico rodado, e ata podería presumir de se-lo pobo máis grande da península iberica sen semáforos.

    Por outra banda, son consciente de que os que levan as rendas do concello deben estimar necesario axudar por todo-los medios á fluidez do tráfico en horas punta e, especialmente no verao…

    A miña pregunta é: ¿parouse alguén a estudar ou analizar se poñer un policía local dirixindo o tráfico no cruce da calle catorse (vinilo, pan e máis, taxis) axuda ou PERXUDICA á fluidez?
    non digo máis, salvo que desexaría que antes de responder o comprobases ben, incluso sentándote na terraza do Pan e máis e comprobándoo por ti mesmo.
    Xa sei que non eres o político destinatario desta pregunta ou observación, mais coido que podes elevalo ao seu destino, e non dubido que podemos entablar unha boa relacción en este foro para falar de iniciativas relaccionadas co Grove, a pesares de manterme eu no anonimato provisional.
    Un saúdo.

    Comentario por curioso — Xullo 2, 2007 @ 2:20 pm

  5. Hola de novo.
    Non sei se acertéi coa mensaxe anterior en canto a que teño dúbidas sobre se les estos comentarios; te interesan, podes ou queres respostar…
    ´De tódolos xeitos, ahí vai a segunda:

    ¿Qué é peor en BABEL?: non entender nada e “tirar padiante” ou coñecer tódo-los idiomas e morrer de frustración?
    Eu coido que és posíblemente dos únios que, independentemente de que saiban; demostrou saber algo e esperanto cando te vin en telesalnés… Capito?

    Comentario por curioso — Xullo 4, 2007 @ 11:55 pm

  6. Somos un pobo sen semaforos, si. A realidade fainos ver que en moitos puntos do noso concello poderían chegar a ser necesarios, sobre todo no lugar que nos indicas.
    Se observas o noso programa electoral (si, non nos olvidamos del) observarás que onde falamos de planificación urbana falamos tamén de reordenamento do tráfico, para o que será preciso facer un estudo serio da situación do trafico rodado no Grove, que nos indique os sentidos a cambiar, lugares nos que colar semáforos… pero todo isto dentro da planificación urbanística tan precisa no noso Concello.
    Como seguramente saberás o urbanismo é unha das principais cuestións a traballar polo actual goberno municipal, pois así o acordamos nas negociacións, polo que agardamos ter un PXOM o máis pronto posíbel axeitado ás necesidades de crecemento do Grove, e no que se prantexe tamén o ordenamento do tráfico rodado.

    Respecto ao segundo comentario: si leo os comentarios, pero o meu tempo en internet é escaso. O peor de Babel é a duración da película (demasiado longa), pero eu tiro unha conclusión diferente ás túas; coñecer todos os idiomas non para morrer da frustación, senón para entender realmente todos os problemas e loitar con forza por solucionalos.

    Comentario por lamelas — Xullo 5, 2007 @ 9:16 pm

  7. Ben, Gracias en primeiro lugar polo diálogo, Gracias!

    Tócame agora respostar e en primeiro lugar aplaudo emocionado a túa resposta con toda sinceridad.

    Este “foro entre dous” non vai a ser para falar de tí e do teu partido, senón de O Grove, de Ogrobe e de EL Grove… de donde sexa ;-)…

    O que quero decir é que me encanta o feito de que parece que contigo se vai a falar dos asuntos e punto, e non se convirta a oportuidade de diálogo no lamentable espectáculo circense e infantil que adoita ser o debate das cuestiós cando á primeira de cambio son fagocitadas polas absurdas cuantizaciós en rendabilidade política. Non é por seguer a defenestrar-la dignidade de estar na política nen moito menos, senón polo sabor de boca tras o extracto do debate del estado de la nación que puxeron na tele nacional, fiel reflexo o que pasa a nivel tabernario e municipal…

    Pasando da política! jeje, xa falaremos dela. O que me impulsa é a posibilidade de plantexar as cousas de a pé, e retomando o asunto do tráfico, dicir que sería unha pena que puxeran semáforos no Grove, cando moitos pasan dificultades para conseguir desmantelalos. Respecto do cruce da catorse esquecín que habería que comprobar especialmente a inconveniencia dende dentro dun choche, pois se sinte mellor o tempo que se pasa esperando o permiso dende que xa se pode pasar…
    VAmos, que está claro que o ideal sería unha rotonda, que non cabe. Pero…NON DEIXES QUE ACABEN POÑENO SEMÁFORO, POR FAVOR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Saúdos.

    Comentario por curioso — Xullo 6, 2007 @ 9:42 am

  8. Bon, cando falei de semáforos na miña resposta, en relación á cuestión prantexada por ti sobre a conveniencia ou non de poñer semáforos, podes observar que dixen “puntos do noso concello nos que poderían chegar a ser necesarios” e que haberá que facer un estudo do tráfico. Disto despréndese que se se observase unha necesidade de semáforos, poríanse, e se non se observase esa necesidade, non se faría.

    Sobre o “debate do estado do estado” a verdade é que foi bastante lamentábel, pero non te fíes só do que din os medios de comunicación masivos, foron moitas as intervencións e algunhas moi interesantes e que fan confiar na política como ferramenta para resolver os problemas reais que temos todos os días.

    Comentario por lamelas — Xullo 6, 2007 @ 5:11 pm

  9. Bueno; Tra-la túa resposta ao tema dos semáforos, xa teño claro que contas con toda a miña confianza en canto a que pareces unha persoa moi razoable, e é máis, pronto romperéi o anonimato se é que atopas interesante o meu diálogo e aquí o manifestas…

    ENTROPIALXIA

    Onte á noite, escoitando un precioso tema dos BERROGüETTO na televisión de Galicia titulado así, aprendín polas explicaciós dun dos músicos esta nova parabra para min.
    Entropialxia é máis ou menos a dor frente ao caos, e extrapolando o sentido tan xenérico da palabra “caos” ao campo das relaciós personáis e a política, faime voltar á referencia que fixera o outro día á lenda de BABEL, dende o punto do que teme ou sofre unha impotencia cando espera das administracións que antepoñan o sentido do deber para fac´-lo ben fronte dos intereses en soster a inclinación baseándose nas posicións e rendabilidade dos cores políticos á hora a apoiar ou abortar unha iniciativa.

    Neste sentido gozas da actitude positiva tan longamente demostrada do teu precesor e algo tamén das maneras que sospeito que apuntas. O exemplo que coñezo máis do teu predecesor é o seu comportamento na crisis do Prestige, e respecto a ti, xa vin boas luces coas túas referencias ao programa electorar, a reacción á pregunta dos semáforos, e algunha cousa máis…
    continuará (ou non… ;)

    Comentario por curioso — Xullo 9, 2007 @ 9:04 pm

  10. Como fóra vai frio e chove mato o aburrimento lendo esto. Somentes quería aportar um dado a “Curioso” a respeito do artigo no que fala do tráfico rodado e de que Ogrobe debe ser o povo mais grande de Espanha sem semáforos. Pois bem, o concello madrilenho de Las Rozas, tem umha poboaçom de ao redor de 70.000 habitantes (64.000 segundo o censo de 2001) e a dia de hoje NOM existe nem um só semáforo e segundo as decalarçons do seu alcalde absolutista (PP) nom tenhem pensado instalar nengum porque o tráfico nom presente problemas, algo do que me congratulo!

    Comentario por Johny Auschwitz — Xullo 16, 2007 @ 8:05 pm

  11. Ben, admito haber falado sen coñecimento, e o do que o Grove podería ser o máis grande sen semáforos non é certo, vale. Sen embargo asemella que coincidimos en que é positivo o feito de non telos, non?…

    o que realmente me importa é que entendas que sobra perfectamente aporta-lo comentario de se ese alcalde é absolutista, pepeiro ou o que sexa, e tratar de enfilar a política municipal ao debate limpio entre diferentes criterios de afrontar os problemas sen ter en conta a rendabilidde política, os enfrentamentos entre os distintos bandos, etc.
    Neste sentido, quero decir que Lamelas xa non ten que demostrar que ten unha boa actitude, e por eso mesmo estou aquí…

    Para remantar, coido que o máis apropiado sería trasladar estas cousas a outro foro. Eu tampouco teño demasiado tempo, mais faría un esforzo se aparece un debate constructivo no que pague a pena tratar de facer aportaciós.

    Un saúdo.

    Comentario por curioso — Xullo 17, 2007 @ 9:48 am

  12. viva españa

    Comentario por sintonninson — Xaneiro 14, 2008 @ 3:59 pm

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deixa un comentario

Bloguea en WordPress.com.