Anotando

Entries categorized as ‘Cine’

Emporio, o xogo

Setembro 9, 2007 · Deixa un comentario

Categorías: Cine · Cousas · Humor

Death Proof

Setembro 6, 2007 · Deixa un comentario

Death ProofOnte volvín ir ao cine despois de moitísimo tempo (tanto que case non me acordo) para ver a última película dirixida por Quentin Tarantino, (Death Proof, unha das partes de Grindhouse. A outra é Planet Terror) autor de fantásticos filmes como Reservoir Dogs, Pulp Fiction ou Kill Bill.

Esteticamente a película é moi boa, e conta cunha inmellorábel banda sonora, o que contrasta co pobre argumento e a primeira media hora de filme na que non pasa nada.

En global, recomendo ver este película, aínda que podemos afirmar que non é do mellor de Tarantino.

Unha crítica da película.

Categorías: Cine · Música

Jail Bait

Febreiro 26, 2007 · 7 Comentarios

Onte estiven vendo o segundo filme do considerado por algúns peor director da historia do cinema, Ed Wood Jr. O título é Jail Bait, e amosa a historia do fillo dun afamado ciruxano plástico que se asocia cun gánster. Dan un golpe nun teatro co saldo dun morto e unha ferida, polo que o rapaz se quere entregar, cousa que o seu socio non vai permitir.

Como non pode ser doutro xeito, Ed Wood entréganos un filme cutre, no que a pesares de haber tiros, mortos, e incluso unha operación de ciruxía plástica, non se ve nen unha pinga de sangue. A trama faise predecíbel, e o argumento ten algunhas lagoas, pero a Ed todo se lle pode perdoar.

Jail Bait non alcanza á obra mestra de Wood (segundo quen a mire) Plan 9 from outer space, pero é altamente recomendábel aos que amedes a cultura trash.

Categorías: Cine

Casablanca

Decembro 13, 2006 · Deixa un comentario

Casablanca

Onte volvín a ver a película Casablanca, que os estudios Warner Brothers filmaron no ano 1.942 coma unha máis das moitas películas que realizaban ao ano. Pouco sospeitaban que este filme se convertiría nunha das obras mestras do cine universal.

Esta película exerce unha estrana atracción sobre min. A perfecta interpretación por parte dos actores, a extrema elegancia dos personaxes, o seu saber estar, ao acender un cigarrillo co anterior, esa pose ante os seus inimigos ou amores perdidos, ese final inesperado por inusual, o Rick’s Café, Renoir, Ugarte, Rick, Ilse, Laslo, Sam, todos sublimes ante a Guerra e cada un no seu lugar da historia, cumprindo á perfeición o seu papel. Mais tamén me atrae porque me trae un agradábel recordo da primeira vez que a visionei. Tal vez as palabras de Renoir a Rick tamén sexan válidas para min e serei un sentimental. Non estou en condicións de afirmalo, mais tampouco de negalo. Quen sabe…

Categorías: Cine

Dogville

Outubro 26, 2006 · Deixa un comentario

Onte estivem vendo o filme Dogville, dirigido por Lars Von Trier. Tenho que dizer que gostei moito do filme, onde se retrata umha pequena aldeia das montanhas Rochosas dos EUA, onde um dos seus vizinhos, o jovem Thomas Edison (nom tem que ver nada co inventor Thomas Alba Edison), um moço que aspira a ser um grande filósofo e escritor, trata de fazer da sua pequena comunidade um exemplo de conduta social. Para sorpresa do jovem Thomas, aparece na vila umha moça fugitiva, que lhe servirá como exemplo e esperiência práctica das suas teorias sociais.

O filme é em si bastante “diferente” do que estamos acostumados a ver, pois o decorado vem sendo parecido ao que haveria num teatro. As casas e ruas estám marcadas com xiz sobre um cham preto, e poucos elementos som os que aparecem, só os extremadamente necessários. Realemente umha gram película que recomendo ver, sobre todo polo final, que para mim é sublime, mas que nom vou desvelar.

Os que nom víchedes o filme, a que agardades?

Categorías: Cine