Anotando

Entries categorized as ‘Deportes’

Adeus Miguel

Decembro 23, 2007 · Deixa un comentario

Lagarto

Onte esparcírom-se nas águas de Rons as cinzas de Miguel Lagarto. Os que tivemos o privilégio de remar com el no mesmo barco sabemos da sua capacidade de entrega e companheirismo. Agora queda-nos o seu recordo e o seu exemplo como pessoa e como deportista.

Comunicado e fotos da cerimonia de esparcimento das suas cinzas na Ria de Arousa.

Categorías: Cousas · Deportes · O Grove

Adeus á ACT

Setembro 24, 2007 · Deixa un comentario

Mequiña

Esta fin de semana a Mequiña deu as súas últimas padexadas na Liga San Miguel de traíñas.

No play-off polo ascenso/descenso Mecos non conseguiu manterse na máxima categoría do remo de banco fixo despois dunha tempada na que alcanzou o decimoprimeiro posto da táboa clasificatoria, penúltimo posto da liga. O Clube de Remo Mecos remata así un ciclo que comezou no ano 2003 cando alcanzou a segunda praza da primeira edición da Liga ACT. Para o ano toca competir, para voltar a estar no máis alto, coas traíñas da Liga Galega, onde o outro clube de remo local, Amegrove, alcanzou este ano o sexto posto da clasificación xeral.

Categorías: Deportes · O Grove
Tagged: , , , ,