Anotando

Entries categorized as ‘Esquerda Unida’

Valoración das eleccións europeas

Xuño 15, 2009 · Deixa un comentario

Xa pasaron tres días desde que o pasado domingo se celebrasen en España (e a maioría de estados membros, outros optaron por facelas esta semana pero en diferentes días) as eleccións ao parlamento europeo. Atrévome agora a facer unha análise dos resultados destas eleccións, que agardo non sexa apresurado nen equivocado, pero estas son algunhas das conclusións ás que chego tras facer a lectura dos escrutinios, sobre todo no referente a España.

O dato máis reseñábel das eleccións é a alta abstención rexistrada, a máis alta de todas as eleccións ao parlamento europeo realizadas até o de agora. Disto podemos tirar unha contundente conclusión: o rotundo e absoluto fracaso da construción europea.

Cando máis da metade da poboación non participa das eleccións para elexir representantes no Parlamento, na cal se tomarán decisións que afectarán á vida diaria dos habitantes da Unión, podemos intuir que algo vai mal. Desde a esquerda (exceptuando aos social-liberais dos Partidos Socialistas) vimos denunciando durante anos o modelo de construción europea. A Europa do Capital que con tanto entusiasmo se nos estivo vendendo leva décadas demostrando o seu carácter imperialista e lexislando (directivas) en contra dos intereses da clase traballadora europea, demostrando pola vía dos feitos estar ao sevizo dos capitalistas, quen si sacaron tallada. Son numerosos os exemplos, pero podemos recordar agora algúns deles: a directiva Bolkenstein, a tentativa da directiva das 65 horas, a directiva da vergoña, a famosa cota láctea, o desmantelamento dos asteleiros, etc.

Non se construiu a Europa democrática dos cidadáns nin dos trablladores e traballadoras; construiuse a Europa do Capital e da guerra. Unha Europa na que as mercadorías teñen máis liberdades que os seres humanos, unha Europa na que a Democracia é tan pobre (no caso da Unión Europea poderíamos engadir o adxectivo paupérrima á palabra democracia) que cando o pobo vota en contra dos intereses dos oligarcas e capitalistas, como foi no caso da mal chamada constitución europea (realmente era un tratado), búscanse subterfuxios legalistas coa finalidade de aprobar o rexeitado nas urnas. O Tratado de Lisboa é un insulto á cidadanía. É lóxico que a xente non confíe entón nas instituciósn europeas, nen tan sequera na única institución elexida por sufraxio, o parlamento.

Un segundo dato reseñábel destes comicios é o avance e consolidación da dereita a nível europeo. Europa é máis de dereitas que nunca. O novo parlamento estará controlado nas súas dúas terceiras partes pola dereita nas súas diferentes versións ou modalidades, desde a extrema dereita ultraconservadora, até os liberais. Os social-liberais dos Partidos Socialistas e a esquerda anticapitalista e transformadora do grupo da Esquerda Unitaria Europea perden peso no parlamento, nun momento no que estamos a atravesar unha crise mundial do Sistema Capitalista de produción. Os responsábeis da crise, que coas súas políticas a diferentes níveis (europeo, estatal ou local) propiciaron a situación actual, teñen agora poder absoluto no parlamento europeo. Desde a esquerda debemos facer unha seria crítica ás nosas políticas, así como á nosa axitación e propaganda, xa que non fomos quen de acadar un apoio suficiente para poder cambiar o rumbo da situación europea.

Neste aspecto, unha grande parte da responsabilidade corresponde aos PS, xa que co seu pacto non asinado coa dereita, votando o mesmo no 70% das votacións realizadas no parlamento, apoiando e pondo en marcha políticas liberais, mantendo o seu apoio a Durao Barroso (o cuarto das Azores) como presidente da Comisión Europea, en definitiva, estando de acordo coa dereita tanto na arquitectura como no modelo económico, déronlle cancha libre a esta e quedaron desarmados ideolóxicamente.

En canto a nós, a esquerda anticapitalista e alternativa, debemos facer balance das nosas estratexias (en cada estado, pois as realidades son diferentes) coa finalidade de mellorar os resultados. En algo nos estaremos equivocando cando non somos quen de obter maior apoio popular.

En España, Izquierda Unida aguantamos o chaparrón e mantivemos os dous representantes no parlamento, coa diferencia positiva de que Raül Romeva formará parte esta vez do grupo da Esquerda Unitaria, e non do grupo Verde. Rachamos a tendencia negativa dos últimos anos, e consolidámonos como a terceira forza política do estado en 12 das 17 comunidades autónomas. Mais non debemos conformarnos con isto. Izquerda Unida debe visualizarse realmente como a alternativa de esquerdas que pretendemos ser, e aumentar o noso apoio popular (non soamente o electoral). Na IX Asembela Federal comezamos un camiño que considero acertado. A Declaración de Rivas foi un avance significativo para a organización, e o noso coordinador Cayo Lara, é un home honesto e traballador, que con un discurso claro é capaz de falar no rexistro da xente de a pé, dos traballadores e traballadoras, de “falar no seu idioma”. Pero temos que facer máis. O silencio mediático que sofremos, e os nosos limitados recursos económicos, son unha importante traba que debemos superar con traballo militante, pero sobre todo, devolvendo o carácter de movemento político e social a IU, tal e como se acordou na última asemblea federal. Debemos abandoar a lóxica electoralista e facer un traballo máis continuista. Traballar cos movementos sociais e estar onde están os traballadores e traballadoras. Débesenos visualizar máis na rúa, alá onde existan conflitos, onde poidamos axudar, e ser capaces de transmitir as nosas propostas. Neste sentido, a rede de ciberaxitadores foi un bo paso,pero en ningún caso pode substituír ao traballo cara a cara nos movementos sociais.

Finalmente, podemos concluír tamén que a crise actual non soamente é económica, senon tamén política e de valores. O aumento de apoio aos partidos xenófobos e racistas, ou a pasividade ante os fenómenos de corrupción, son graves indicadores disto. Desde a esquerda é tamén traballo noso invertir a situación, que non se resolverá soamente con ponposas e contundentes resolucións e comunicados, se non coa plasmación disto no traballo diario na rúa, e unha boa engranaxe de axitación e propaganda, con mensaxes claras e non equívocas.

En definitiva, é tempo de reflexionar, pero tamén de moverse e traballar por unha Europa máis social e democrática. Non agardemos ás seguintes eleccións para facelo.

Categorías: Esquerda Unida · Organizacións Políticas · Política

8 marzo: esixindo realidades

Marzo 7, 2008 · Deixa un comentario

Desde que o 8 de marzo de 1.857 unhas 146 obreiras da fábrica téxtil Triangle Shirt Waist Company de Nova York morreran queimadas no interior da factoría durante unha folga na que reclamaban melloras laborais e seguridade no traballo xa pasaron moitos anos de mobilizacións e loitas polos dereitos das mulleres. Na actualidade a loita feminista debe continuar, pois a igualdade plena de homes e mulleres aínda está por conseguir; igualdade no acceso ao traballo, igualdade salarial, igualdade social, Lei de Prazos do aborto… son moitas as metas a alcanzar, mais coa loita das mulleres e dos homes conscientes, poderemos alcanzalas.

Categorías: Esquerda Unida · Política · Xuventude Comunista
Tagged: ,

Voto útil, voto inútil

Marzo 5, 2008 · Deixa un comentario

Xa sei que me vou facer pesado co tema do voto útil, pero aquí tedes máis un exemplo de como o chamado voto útil perxudica á esquerda e beneficia á dereita representada polo Partido Popular.

Categorías: España · Esquerda Unida · Política
Tagged:

10 razóns para votar IU

Marzo 5, 2008 · Deixa un comentario

Para os que non viñéchedes ao mitin que celebramos o domingo no cine, ou simplemente para os que non tedes claro o voso voto, ou non coñecedes as propostas programáticas de IU e o seu papel durante a última lexislatura, lede as 10 razóns para votar IU segundo Carlos Jiménez Villarejo, ex-fiscal anticorrupción cesado forzosamente do seu posto polo PP.

Categorías: Esquerda Unida

Esquerda Unida pide o “verdadeiro voto útil” no mitin celebrado no Grove

Marzo 3, 2008 · Deixa un comentario

GuiradoRedacción Todogrove.com

No mitin celebrado esta mañá no cine O Marino e ante 70 persoas, interviñeron Juan José Guirado, cabeza de lista por Pontevedra ao Parlamento, Patricia Rey, número dous, e os concelleiros de EU en Vilagarcía e O Grove, Juan Fajardo e Xan Lamelas.

A precariedade laboral, a regulación da eutanasia, a Lei de prazos, Lei de Estranxeira, a igualdade de dereitos sexuais… foron algúns dos temas cos que o concelleiro de Esquerda Unida en O Grove , abría a quenda de intervencións. Juan Fajardo encargouse de falar da supresión da tarifa nocturna e aproveitou para igualar a Socialistas e Populares a hora de facer política. Recordou como os dous partidos maioritarios miran so polos intereses dos “seus amigos”. Non se esqueceu do nacionalista Anxo Quintana do que dixo que “fai o mesmo que o dinosauro pero con máis gaitas”, en referenza as súas xuntanzas coa xente maior.

Juan José Guirado, cabeza de lista por Pontevedra ao parlamento, encargouse de pechar o mitin analizando a situación económica. Tamén explicou a inxusta Lei Electoral e como o chamado voto útil reclamado polos socialistas fixo que hai catro anos saíse favorecido o Partido Popular.

En todas as intervencións se repetiu o mesmo, a importancia de estar no Parlamento coa maior forza posible e por iso pediron “o voto útil para a esquerda real”.

Categorías: Esquerda Unida · O Grove

Mitin de Esquerda Unida

Marzo 1, 2008 · Deixa un comentario

Este domingo día 2 Esquerda Unida celebra o seu mitin de campaña no Cine O Marino ás 12h. Falarán os candidatos ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Juan José Guirado e Patricia Rey ademais de Juan Fajardo, concelleiro de EU en Vilagarcía e eu mesmo.

Non faltedes á cita. Este domingo día 2 ás 12 horas no Cine O Marino.

Mitin O Grove

Categorías: Esquerda Unida · Política

Que nom te cámbiem o voto

Febreiro 27, 2008 · Deixa un comentario

VOTA ÚTIL 

VOTA ESQUERDA UNIDA 

Categorías: Esquerda Unida · Organizacións Políticas

Do voto útil ao voto inútil

Febreiro 24, 2008 · 1 comentario

Interesante presentaçom na que se nos explica como o chamamento ao voto útil que soemos escoitar nas eleiçons, acaba convertendo a este num voto inútil. Nom tem desperdiço.

Umha cousa está clara. Se queremos que o Congresso dos Deputados represente proporcionalmente aos votantes, temos que modificar a perversa Lei Electoral actualmente vigente em Espanha, e desenhada coa finalidade de apartar ao Partido Comunista (e agora a Esquerda Unida) do Parlamento, segundo declaraçons dos próprios redactores desta Lei. Sobre isto, nom vos perdades as hilarantes declaraçons de Pepinho Blanco:

Categorías: España · Esquerda Unida · Organizacións Políticas · Partido Comunista · Política
Tagged:

Vota Izquierda Unida

Febreiro 22, 2008 · Deixa un comentario

Categorías: Esquerda Unida · Política
Tagged: , , , ,

O verdadeiro dilema trâs o 9 de março

Febreiro 17, 2008 · Deixa un comentario

Categorías: España · Esquerda Unida · Política