Entries categorized as ‘Información e noticias’
Interesante artigo de Pascual Serrano, periodista espanhol colaborador, entre outros, nos médios Rebelión, Mundo Obrero ou o canal internacional de televisión Telesur.
Neste artigo, o periodista apresenta-nos como a manipulaçom das masas evolucionou desde a censura de contidos á actual mentira nos medios de informaçom. Som moi claros os exemplos hoje em dia sobre a mentira e a manipulaçom informativa, desde as notícias contrapostas que distintos médios nos acostumárom sobre os atentados do 11-M em Madrid, até o recente video duns universitários cubanos e as suas preguntas ao Presidente do Parlamento de Cuba, Ricardo Alarcón.
Porque temos dereito a estar informados verazmente e contra toda manipulaçom, Serrano propom medidas legislativas e organismos que garanticen o rigor e sancione as falsedades das informaçons publicadas.
Ler De la verdad a la mentira.
Categorías: Información e noticias · Internacional
Tagged: notícias, jornalismo, pascual serrano
Onte saiu do prelo o primeiro número do xornal Público, un diario que pretende encher ese oco que os lectores críticos atopamos no mundo periodístico actual, e que a primeira vista, pode chegar a encher este novo medio de comunicación escrito.
O seu director, Ignacio Escolar, respondeu no seu blog a unha serie de cuestións prantexadas polos internautas sobre Público, nunha especie de FAQ que nos despexa bastantes dúbidas sobre o que pretende ser este medio.
Onte merqueino e hoxe tamén, e a primeira impresión é positiva, aínda que non podo chegar a afirmar que se convertirá no xornal que merque todos os domingos. De momento, deixáronme grata impresión o enfoque das noticias e varios artigos de opinión (Instrumentalización de lo íntimo e Demagogia de los hechos, da edición de hoxe, dous artigos que fan pensar). Ademais, polos só 50 céntimos que vale, trae de regalo unha película: onte Los lunes al sol, e hoxe Fahrenheit 9/11.
A ver se de certo cambia o panorama informativo.
Categorías: España · Información e noticias
Tagged: escolar, público, prensa