Anotando

Entries categorized as ‘Libros’

No logo

Maio 21, 2008 · 3 Comentarios

No logoEsta semana rematei de ler o livro No logo, da autora canadiana Naomi Klein. Trata-se dum ensáio no qual a autora analisa a influência das marcas na sociedade actual, comezando polos seus origes até os nossos dias. Continua tratando de amosar-nos as consecuências das políticas neoliberáis levadas adiante polas corporaçons multinaionáis proprietárias das marcas tanto no mundo laboral (no “primeiro” como no “terceiro” mundo) como no mercado de consumo. Ao longo de todo o livro, Naomi Klein centra-se moito no movemento militante em contra das marcas e das corporaçons propietárias das mesmas, explicando com detalhe as campanhas levadas a cabo contra empresas que violam ou consintem a violaçom dos Dereitos Humanos nas factorias onde se produzem os seus produtos.

Este livro representa um excelente documento sobre os efectos do Capitalismo mais selvagem e atroz, assi como guia indispensável para conhezer o nascimento de parte do movimento anti-globalizaçom que tivo o seu apogeo a fináis do século pasado e continua vivo na actualidade. Recomendado para quem queira conhezer como e onde se fabricam as roupas e produtos cotiás que consumimos, a penetraçom das empresas privadas no eido público, ou os métodos do movemento anti-globalizaçom em ontra das marcas e em prol dos dereitos laboráis.

Categorías: Libros

Educación para la cuidadanía

Marzo 24, 2008 · 3 Comentarios

Educación para la cuidadan�aA semana pasada merquei o livro Educación para la cuidadanía. Democracia, Capitalismo y Estado de Derecho, e enganchei-me à súa leitura de seguido.

Certamente jà me tinham recomendado este livro, e incluso seguim certa polémica em internet protagonizada pola extrema dereita contra esta publicaçom. Assi que nom o duvidei mais e passei por umha livraria para comprá-lo.

Os autores, Pedro Fernández Liria, Carlos Fernández Liria e Luis Alegre Zahonero, realiçam um percorrido ao longo da Histôria da Humanidade e mais concretamente da Filosofia e o Dereito para tentar comprender e definir a través da dialéctica e o método científico os conceptos de Cidadania e Estado de Dereito. Todo o pedagógico texto está acompanhado das fantásticas e mordazes ilustraçons de Miguel Brieva, quem resume em formato banda desenhada os aspectos mais importantes explicados na obra. Na sua prosa, os autores profundizam até a raíz dos conceitos, polo que este ensáio é radical nesse senso, mas carece totalmente de extremismos.

Realmente remomendo a todo o mundo a leitura deste ensaio filosófico, no que se debate sobre a necesidade da Democrácia para o Estado de Dereito, a incompatibilidade entre Capitalismo e Democrácia ou o nexo entre Dereitos Humanos e Cidadanía.

Categorías: Libros
Tagged: , , , , , ,

Q

Setembro 5, 2007 · Deixa un comentario

QEsta fin de semana acebei de ler Q, unha novela publicada na Italia no ano 1.999 e traducida a diversos idiomas, mantendo en todos eles a cláusula copyleft que permite a copia legal do libro sempre sen fins comerciais sen ter que pedir permiso. De feito, é descargábel da web dos autores, ao igual que todas as suas obras.

O autor da obra é Luther Blissett, pseudónimo utilizado por un movemento artístico underground. En realidade, a obra é colectiva, escrita por cinco italianos boloneses que agora publican baixo o pseudónimo Wu Ming, que significa anónimo en chinés mandarín. Os autores manteñen unha web baixo o nome de Wu Ming Foundation.

A historia trata sobre un radical anabaptista que se enreda en diversas loitas ao longo de toda Europa nos tempos da Reforma (s. XVI) e un misterioso personaxe que se fai chamar Q, espía ás ordes dun cardeal católico. Estes dous personaxes, aínda que non o pareza, gardan unha íntima relación nunha longa, enredada e fabulosa trama.

Absolutamente recomendábel.

Categorías: Libros

El clima

Marzo 30, 2007 · 1 comentario

Portada El ClimaHai uns dias rematei de ler o fantástico libro de Manuel Toharia El clima. Nel o autor fálanos sobre os distintos cambios climáticos ao longo da Historia, como inflúen os distintos gases de efecto invernadoiro no clima, como afecta o clima sobre a Vida e como afecta esta sobre os climas, que coñecemos e que descoñecemos sobre os cambios climáticos, e das mentiras e esaxeracións que existen sobre este tema.

Tamén nos fala das posíbeis consecuencias sobre diversos aspectos das sociedades humanas que teria un hipotético cambio climático, da imposibilidade dun desenrolo sostíbel baixo o Capitalismo, e por último dá alguns consellos tanto individuais como colectivos para aforrar enerxía e minimizar así (ou ralentizar, ou simplemente ter a conciencia mais tranquila) as emisións de gases favorecedores do cambio climático.

Coñecín de Manuel Toharia polo podcast dos Museos Científicos Coruñeses, o cal vos recomendo a todos, no que realizou unha charla duns 50 minutos aproximadamente que se pode calificar como o mellor resumo posíbel do libro.

Se estades interesados no tema do cambio climático, non deixedes de ler este libro, que vos informará sobre o tema ademais de desmentir alguns mitos e esaxeracións.

Aprobeitando que estou falando dun tema directamente relacionado coa enerxía e o medioambiente, informarvos de que se acaba de inaugirar o portal da Red Hispana de Blogs de Energía y Medio Ambiente, impulsada por Indarki, que non é mais que unha morea de feeds rss de distintos blogs con esa temática todos xuntiños nunha web.

Categorías: Ciencia · Libros