Comunicado que envía a AMH anunciando os distintos actos que levará a cabo neste mes de abril.
A ASOCIACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE OGROVE organiza o próximo venres día 11 de abril unha charla sobre a guerrilla antifranquista (os maquis) no Cine O Marino as 20 horas, a mesma será presentada por Xosé Avelino Ochoa Gondar, Vicepresidente da AMH Ogrove, intervindo Victor Santidrián, doutor en historia, director da Fundación 10 de Marzo de CCOO, especialista na historia do Partido Comunista e Aurora Marco, catedrática da USC e que falará sobre o papel das mulleres na guerrilla antifranquista. A continuación proxectaranse os documentais históricos: “Bandoleiros ou Guerrilleiros” de José A. Sanmartín, o cal tenta dar unha imaxe dos guerrilleiros galegos dende o punto de vista político, social, humán e cultural. A historia real da vida e morte de algúns guerrilleiros galegos como: Manuel Ponte, Enriqueta Otero, Foucellas, O Piloto, etc. e “Lobos Sucios” de Felipe Rodriguez Lameiro, coa intervención de Manolo Rivas, este documental saca a luz os entresixos da revolución mineira do Wolfram en Galicia durante a posguerra civil española.
O sábado día 12, a partir das 21,30 horas no Restaurante Mar do Norte, en Lampans (San Vicente) celebraremos a II Cena conmemorativa da II República, a cal será amenizada polo trio de Jazz Mister Misty Jazz-Group, trio formado por Lidia Carrión, voz, Antón Bello, contrabaixo e Rafa Otero (morqueiro), guitarra. O precio é de 40 € por persoa, sendo o último día para facer a reserva o día 9 de abril, no mesmo Restaurante ou chamando os teléfonos: 669658151-677454789
Categorías: Memoria Histórica · O Grove
A continuaçom imos com um pouco de histôria. O texto que segue é um trabalho de Xan Caneda, ex-concelheiro por Esquerda Unida e Esquerda de Galicia no Concelho de Ogrove, e que trata sobre a histôria do Sanatório da Lanzada. Agardo que seja do vosso interesse.
SANATORIO DE A LANZADA
(de hospital para enfermos tuberculosos a centro de vacacións)
A finais dos anos 1800 a peste blanca ou tuberculosis fai estragos na población do Estado, os médicos buscan por tódolos medios de encontrar tratamentos eficaces contra a mesma, un deles, o Catedrático da Universidade de Santiago Dr. Miguel Gil Casares, inicia unha loita contra ésta enfermidade en Galicia, fruto desta loita e tesón, consigue orgaizar nos primeiros días de outubro do 1925 o I Congreso Antituberculoso de España que se celebra no Gran Hotel Balneario da Illa de A Toxa, (neses momentos varios Concellos galegos ofrecíanse para que se construíse un Sanatorio nos seus Municipios), o Dr. Gil Casares viña defendendo que a mellor ubicación para o mesmo era a praia de A Lanzada, así o defendeu e consigueu que éste I Congreso acordase a construcción do mesmo neste lugar, sendo éste acordo o punto de partida da construcción do Sanatorio antituberculoso, que levaría o nome de Sanatorio Marítimo Príncipe de Asturias (en honor de Fernando VII).
(máis…)
Categorías: Memoria Histórica · O Grove
Esta semana celebraranse en O Grove, entre os días 19 e 22 no Cine O Mariño, as xornadas O dereito a saber, a liberdade a investigar, organizadas pola Iniciativa Galega pola Memoria Histórica, o Consello pola Memoria e a Asociación pola Memoria Histórica do Grove.
Estas xornadas comprenden conferencias, presentacións, proxeccións e táboas sobre a memoria histórica e a investigación e os seus problemas, contando coa presenza de excelentes poñentes coñecedores da materia como Víctor Manuel Santidrián Arias, por poñer só un exemplo.
Para máis información, visita o páxina web das xornadas, onde poderás atopar a declaración de principios, a composición da comisión organizadora así como o programa definitivo.
Categorías: Galiza · Memoria Histórica · O Grove
Sólo los que tienen algo que ocultar pueden pensar que legislar sobre la memoria es reabrir heridas
Paul Preston, historiador.
Interesantes reflexións do historiador Paul Preston sobre a memoria histórica en España.
Categorías: Citas · Cousas · España · Memoria Histórica