Anotando

Entries categorized as ‘Música’

Lentejas strikes again

Xaneiro 25, 2008 · 2 Comentarios

A desaparecida banda local de synth-punk Lentejas los Miércoles nom deixa de gerar notícias despois da sua disoluçom. Um dos seus ex-componhentes subui ao last.fm a discografia completa da banda incluíndo um recopilatório com rareças nunca antes publicadas.

Já podes escoitartodos os temas visitando a página do perfil de Lentejas los Miércoles e convertir-te no principal ouvinte da semana.

Categorías: Música · O Grove

Éxito de Ogrobe Rocks

Xaneiro 5, 2008 · 3 Comentarios

O festival de bandas locáis Ogrobe Rocks! que se celebrou na noite de onte no pub TNT patrocinado pola Concelharia de Juventude foi um éxito já que a escoitar às cinco bandas participantes acudírom perto de 200 mozos e mozas ao longo da noite.

Em todogrove.com podedes ler umha nota sobre os concertos e olhar as fotografias.

Categorías: Música · O Grove

Ogrobe Rocks!

Xaneiro 3, 2008 · Deixa un comentario

Este venres, no pub TNT, cinco bandas locáis estarám tocando polo módico preço de 5 €. A cita será às 10 da noite.
Os grupos que nos deleitarám som Analogic (Rock experimental, A Tafona), Alto Volta (Pop-rock alternativo, O Montinho), Squizophrenic Housewives (Trash-punk-New-wave, Rio Abisínia), Telephones Rouges (Rock-soul-new-wave, Sam Vicente) e Megapurple Sex Toy Kit (Rock psicodélico, Rua Pombal).

O concerto está patrocinado pola Concelharia de Juventude. Nom faltedes!

—————-
Listening to: The Dust Brothers – Stealing Fat
via FoxyTunes

Categorías: Música · O Grove

The Homens

Novembro 3, 2007 · Deixa un comentario

Onte estivem em Compostela no concerto dos The Homens na sala Nasa. O grupo de power pop galego estivo a verdade bastante bem, com gram energia no escenário e empalmando um tema tras outro com grande vitalidade.

Por desgraça nom se pode dizer o mesmo de quem os precedérom, os tamém galegos Fanny + Alexander. Insulsos, sem força, sem graza e totalmente faltos de presença som os qualificativos que lhes podemos ofrecer a este duo de tonti-pop electrónico. Tentárom facer-se os macarras no seu último tema cum estribilho que repetia “merda de DJ”, mas o que fissérom foi o ridículo. Menos mal que só chegamos ao final da sua atuaçom e que The Homens puxérom no escenário o que os seus teloeiros nom fórom capaces.

Categorías: Galiza · Música

Lentejas los Miércoles died young and good looking

Outubro 3, 2007 · 1 comentario

Single recopilatorio de Lentejas Los Miércoles. A desaparecida banda local reaparece no panorama actual grazas a Discos de Mierda, quen tira do prelo este recopilatorio da mellor banda de synth-punk de Ogrove, e que ademais inclúe entre os seis temas un inédito que os compeñentes desta banda gravaron en agosto no seu estudio do Con, facendo un alto na gravación da primeira maqueta dos Schizophrenics Housewives, a nova banda dos ex-Lentejas Martin J. Fox e Jimmy Stradivarius.

Podes facer o teu pedido deste disco elexindo unha das tres portadas que se deseñaron para a ocasión. Date presa, pois a edición é limitadísima a tan só 99 copias.

Categorías: Música · O Grove
Tagged: , , ,

Death Proof

Setembro 6, 2007 · Deixa un comentario

Death ProofOnte volvín ir ao cine despois de moitísimo tempo (tanto que case non me acordo) para ver a última película dirixida por Quentin Tarantino, (Death Proof, unha das partes de Grindhouse. A outra é Planet Terror) autor de fantásticos filmes como Reservoir Dogs, Pulp Fiction ou Kill Bill.

Esteticamente a película é moi boa, e conta cunha inmellorábel banda sonora, o que contrasta co pobre argumento e a primeira media hora de filme na que non pasa nada.

En global, recomendo ver este película, aínda que podemos afirmar que non é do mellor de Tarantino.

Unha crítica da película.

Categorías: Cine · Música

III Con Negro Paraxe Festival e Telephones Rouges

Agosto 29, 2007 · Deixa un comentario

Esta fin de semana (venres, sábado e domingo) celebrarase o III Con Negro Paraxe Festival, organizado pola Asociación Cultural Con Negro, e que conta coa colaboración do Concello do Grove. Este festival contará, entre outras actividades, coas actuacións de diferentres grupos noveis da comarca.
Porgramación do festival.

Tamén esta sábado día 1 de setembro, actuará o grupo local Les Telephones Rouges no pub TNT. Será ás 00h e a entrada será de balde.

Categorías: Música · O Grove

Festa fin de Campaña

Maio 23, 2007 · Deixa un comentario

Estades todos e todas convidados á festa fin de campaña que Esquerda Unida celebrará este venres no local do Clube de Remo Mecos, en Rons. Haberá música en directo a cargo do grupo local Alto Volta, aínda que temos que temos que comunicar a triste noticia de que os Phantom Keys, quen en principio tamén participarían, non o poderán facer ao lesionarse nun tendón dunha man o seu batería Javi. Mais a pesares de este incidente, os Pahntom tamén se sumarán á festa.

Non o esquezades, este venres ás 22:30 no local do Clube de Remos Mecos en Rons.

Categorías: Esquerda Unida · Música · O Grove

Lentejas los Miércoles is dead

Xaneiro 13, 2007 · 1 comentario

Non sei se algún día volveremos gravar. Todo indica que o proxecto morreu, así que non duvidedes en descargar os éxitos de Lentejas como pezas de culto e rarezas que son. A discografía avandonou o servidor de Ipanema Gráfica (para deixar sitio á nova tenda dos Phantom Keys?), pero están dispoñíbeis agora em MediaFire. Poño a continuación o post que Zé Pequeno colou no seu fotolog, onde ademais das ligazóns das descargas hai un magnífico resumo do que foi a banda e o seu incerto futuro.

E de paso aproveito para anunciar que Lentejas Los Miércoles passa a ser umha banda de culto posto que seguramente nom volvamos fazer nada novo.

A banda que nasceu no 2004 num post-concerto de The Offspring no parque de Castrelos foi editada por Hillside Strangler Records no recompilatório “Killed By Que? #2″ e a sua discografia completa por La Culpa Es De Los Padres Que Las Visten Como Putas Records. A sua última obra foi “Vigozoo”, um pseudo-plágio de “Line Up” de Elastica e “Cumpleaños Total” de Los Planetas, para o concurso da Radio Galega “A Polo Ghit”.

Na actualidade Martin J. Fox está morto em combate, Johnny pronto será arquitecto, Albert será candidato à alcaldia de Ogrobe e eu iniciarei umha carreira em solitário como crooner, seguindo os pasos dos grandes Frank Sinatra, Julio Iglesias ou Richard Cheese.

Os enlaces:

Frankenstein Meets The UFO Visitors:
http://www.mediafire.com/?aymmmmm3zkl
Don’t Innovate… Imitate!:
http://www.mediafire.com/?3oo3zontirn

WEH8XMAS:
http://www.mediafire.com/?9zhamtzktmd

Hillside Strangler Records:
http://www.geocities.com/websidestrangler
La Culpa Records:
http://www.myspace.com/laculpaproducciones

Lentejas Los Miércoles:
http://www.lentejaslosmiercoles.cjb.net
http://www.myspace.com/lentejaslosmiercoles

Categorías: Música · O Grove

The Phantom Keys

Xaneiro 5, 2007 · Deixa un comentario

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/GJ6G7qr2rgI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Hoxe un pouco de publicidade. Veño do concerto que os Phantom Keys acaban de dar no pub TNT. A asistencia de público non foi moi alta, mais tamén é verdade que non se publicitou o acto.

Estiveron bastante ben os grovenses, amenizados polos bailes de JJ, un vigués fan do grupo e que os acompaña a onde pode. Hoxe pola mañá sairán rumbo a Inglaterra para tocar no Dirty Water Club de Londres, na súa segunda visita a terras británicas. Na súa primeira visita tocaron no mítico The Cavern de Liverpool.

A verdade é que estes rapaces (e rapaza) merecen un recoñecemento, así como todos os grupos de Ogrove, xa que a pesares da practicamente nula axuda do Concello no ámbito cultutral, unido á situación de precariedade pola ausencia de instalacións como poden ser locais de ensaio que fomenten e axuden á creación artísitca e cultural, son capaces de seguir adiante e viaxar polo mundo coa súa música.

Categorías: Música