Anotando

Entries categorized as ‘Política’

A deblacle da esquerda?

Xuño 17, 2009 · 1 comentario

Nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo, as cais tentei analizar no anterior post, se atendemos ao seu resultado en número de deputados adscritos á esquerda ou á dereita, esta última sae realmente fortalecida, xa que controla a partir de agora máis de dous terzos da cámara europea. Significa isto que os cidadáns europeos son maioritariamente de dereitas? É a debacle da esquerda europea?

Para analizar a situación é preciso contextualizala primeiro, e o aspecto máis importante e influínte na actualidade é a crise do sistema capitalista de produción, a máis grave desde 1.929 (e con sospeitas de que a superará). Millóns de desempregados é a súa consecuencia máis sangrante e evidente.

Entón, ante esta situación de crise capitalista, como é que a dereita europea, os defensores da democracia de libre mercado, os defensores da Escola de Chicago, creadora de desigualdades, ditaduras e violacións dos Dereitos Humanos, sacou proveito deste proceso electoral? No anterior post, no que expliquei a miña visión do que foron as eleccións, adiantei algo esta cuestión, explicando a deriva cara políticas liberais dos Partidos Socialistas, abandoando a súa ideoloxía socialdemócrata para instalarse no social-liberalismo. Tamén comentei a incapacidade da esquerda anticapitalista e alternativa de sacar proveito disto, posíbelmente como consecuencia da incapacidade de transmitir a nosa mensaxe ás masas traballadoras.

O diario Público, ante esta situación, decidiu entrevistar a 14 intelectuais europeos situados ideoloxicamente á esquerda, e maioritariamente (case podemos dicir que por unanimidade) achacan este escaso apoio aos motivos antes esgrimidos. A socialdemocracia, agora social-liberalismo, cunha visión curtopracista da política, decidiu imitar á dereita e importar parte do seu discurso, coa finalidade de acaparar un maior espectro de votantes. Virar ao centro é como lle chaman algúns interesados. Virar á dereita é como lle chamamos os que nos opoñemos a tales viraxes. A masa social de esquerdas foise percatando desta situación, e decidiu, xunto coa apatía creada polo desempeño diario da política coas súas corruptelas, infantilismo e demais características deste circo, non votar por quen non o vai a defender, engrosar as filas da abstención. O escritor portugués José Saramago sentencia que non éposíbel votar a unha esquerda que deixou de existir. Outros, víronse atraídos polos cantos de serea da dereita, e decidíronse a votar ao orixinal antes que a unha imitación con logo vermello.

A esquerda de toda Europa debe poñerse a traballar duramente se quere recuperar o terreo e a credibilidade perdidas nestas dúas últimas décadas. Mais para isto é preciso que non soamente a esquerda anticapitalista (comunistas, socialistas…) traballe duramente, se non tamén que a socialdemocracia volva ás súas orixes e rexeite as políticas neoliberais que leva anos poñendo en práctica. Recordo agora a sentencia de algúns dos documentos políticos da Xuventude Comunista nos que afirmábamos que a esquerda tiñamos perdida a batalla ideolóxica fronte ao neoliberalismo. É hora de entón (xa vén sendo desde hai moito tempo) de recrudecer a batalla para que poidamos gañar esta guerra.

Será difícil, tendo en conta ademais o ascenso de forzas de extrema dereita (recordemos que tras a crise de 1.929, ocurreu algo similar, e os fascismos avanzaron en Europa, fronte ao que se concretou como resposta a política de frentes populares da Internacional Comunista), pero temos que intentalo se de verdade cremos e desexamos que un outro mundo non só é posíbel, senón necesário. Como dato interesante, temos que ter en conta que como apunta Vicenç Navarro, a maioría de europeos móstranse favorábeis a políticas identificábeis co socialismo.

Traballemos pois.

Categorías: Política

Valoración das eleccións europeas

Xuño 15, 2009 · Deixa un comentario

Xa pasaron tres días desde que o pasado domingo se celebrasen en España (e a maioría de estados membros, outros optaron por facelas esta semana pero en diferentes días) as eleccións ao parlamento europeo. Atrévome agora a facer unha análise dos resultados destas eleccións, que agardo non sexa apresurado nen equivocado, pero estas son algunhas das conclusións ás que chego tras facer a lectura dos escrutinios, sobre todo no referente a España.

O dato máis reseñábel das eleccións é a alta abstención rexistrada, a máis alta de todas as eleccións ao parlamento europeo realizadas até o de agora. Disto podemos tirar unha contundente conclusión: o rotundo e absoluto fracaso da construción europea.

Cando máis da metade da poboación non participa das eleccións para elexir representantes no Parlamento, na cal se tomarán decisións que afectarán á vida diaria dos habitantes da Unión, podemos intuir que algo vai mal. Desde a esquerda (exceptuando aos social-liberais dos Partidos Socialistas) vimos denunciando durante anos o modelo de construción europea. A Europa do Capital que con tanto entusiasmo se nos estivo vendendo leva décadas demostrando o seu carácter imperialista e lexislando (directivas) en contra dos intereses da clase traballadora europea, demostrando pola vía dos feitos estar ao sevizo dos capitalistas, quen si sacaron tallada. Son numerosos os exemplos, pero podemos recordar agora algúns deles: a directiva Bolkenstein, a tentativa da directiva das 65 horas, a directiva da vergoña, a famosa cota láctea, o desmantelamento dos asteleiros, etc.

Non se construiu a Europa democrática dos cidadáns nin dos trablladores e traballadoras; construiuse a Europa do Capital e da guerra. Unha Europa na que as mercadorías teñen máis liberdades que os seres humanos, unha Europa na que a Democracia é tan pobre (no caso da Unión Europea poderíamos engadir o adxectivo paupérrima á palabra democracia) que cando o pobo vota en contra dos intereses dos oligarcas e capitalistas, como foi no caso da mal chamada constitución europea (realmente era un tratado), búscanse subterfuxios legalistas coa finalidade de aprobar o rexeitado nas urnas. O Tratado de Lisboa é un insulto á cidadanía. É lóxico que a xente non confíe entón nas instituciósn europeas, nen tan sequera na única institución elexida por sufraxio, o parlamento.

Un segundo dato reseñábel destes comicios é o avance e consolidación da dereita a nível europeo. Europa é máis de dereitas que nunca. O novo parlamento estará controlado nas súas dúas terceiras partes pola dereita nas súas diferentes versións ou modalidades, desde a extrema dereita ultraconservadora, até os liberais. Os social-liberais dos Partidos Socialistas e a esquerda anticapitalista e transformadora do grupo da Esquerda Unitaria Europea perden peso no parlamento, nun momento no que estamos a atravesar unha crise mundial do Sistema Capitalista de produción. Os responsábeis da crise, que coas súas políticas a diferentes níveis (europeo, estatal ou local) propiciaron a situación actual, teñen agora poder absoluto no parlamento europeo. Desde a esquerda debemos facer unha seria crítica ás nosas políticas, así como á nosa axitación e propaganda, xa que non fomos quen de acadar un apoio suficiente para poder cambiar o rumbo da situación europea.

Neste aspecto, unha grande parte da responsabilidade corresponde aos PS, xa que co seu pacto non asinado coa dereita, votando o mesmo no 70% das votacións realizadas no parlamento, apoiando e pondo en marcha políticas liberais, mantendo o seu apoio a Durao Barroso (o cuarto das Azores) como presidente da Comisión Europea, en definitiva, estando de acordo coa dereita tanto na arquitectura como no modelo económico, déronlle cancha libre a esta e quedaron desarmados ideolóxicamente.

En canto a nós, a esquerda anticapitalista e alternativa, debemos facer balance das nosas estratexias (en cada estado, pois as realidades son diferentes) coa finalidade de mellorar os resultados. En algo nos estaremos equivocando cando non somos quen de obter maior apoio popular.

En España, Izquierda Unida aguantamos o chaparrón e mantivemos os dous representantes no parlamento, coa diferencia positiva de que Raül Romeva formará parte esta vez do grupo da Esquerda Unitaria, e non do grupo Verde. Rachamos a tendencia negativa dos últimos anos, e consolidámonos como a terceira forza política do estado en 12 das 17 comunidades autónomas. Mais non debemos conformarnos con isto. Izquerda Unida debe visualizarse realmente como a alternativa de esquerdas que pretendemos ser, e aumentar o noso apoio popular (non soamente o electoral). Na IX Asembela Federal comezamos un camiño que considero acertado. A Declaración de Rivas foi un avance significativo para a organización, e o noso coordinador Cayo Lara, é un home honesto e traballador, que con un discurso claro é capaz de falar no rexistro da xente de a pé, dos traballadores e traballadoras, de “falar no seu idioma”. Pero temos que facer máis. O silencio mediático que sofremos, e os nosos limitados recursos económicos, son unha importante traba que debemos superar con traballo militante, pero sobre todo, devolvendo o carácter de movemento político e social a IU, tal e como se acordou na última asemblea federal. Debemos abandoar a lóxica electoralista e facer un traballo máis continuista. Traballar cos movementos sociais e estar onde están os traballadores e traballadoras. Débesenos visualizar máis na rúa, alá onde existan conflitos, onde poidamos axudar, e ser capaces de transmitir as nosas propostas. Neste sentido, a rede de ciberaxitadores foi un bo paso,pero en ningún caso pode substituír ao traballo cara a cara nos movementos sociais.

Finalmente, podemos concluír tamén que a crise actual non soamente é económica, senon tamén política e de valores. O aumento de apoio aos partidos xenófobos e racistas, ou a pasividade ante os fenómenos de corrupción, son graves indicadores disto. Desde a esquerda é tamén traballo noso invertir a situación, que non se resolverá soamente con ponposas e contundentes resolucións e comunicados, se non coa plasmación disto no traballo diario na rúa, e unha boa engranaxe de axitación e propaganda, con mensaxes claras e non equívocas.

En definitiva, é tempo de reflexionar, pero tamén de moverse e traballar por unha Europa máis social e democrática. Non agardemos ás seguintes eleccións para facelo.

Categorías: Esquerda Unida · Organizacións Políticas · Política

Pola Terceira República. Pola Democracia Participativa. Contra a precariedade.

Abril 14, 2008 · Deixa un comentario

Categorías: España · Política · Xuventude Comunista

8 marzo: esixindo realidades

Marzo 7, 2008 · Deixa un comentario

Desde que o 8 de marzo de 1.857 unhas 146 obreiras da fábrica téxtil Triangle Shirt Waist Company de Nova York morreran queimadas no interior da factoría durante unha folga na que reclamaban melloras laborais e seguridade no traballo xa pasaron moitos anos de mobilizacións e loitas polos dereitos das mulleres. Na actualidade a loita feminista debe continuar, pois a igualdade plena de homes e mulleres aínda está por conseguir; igualdade no acceso ao traballo, igualdade salarial, igualdade social, Lei de Prazos do aborto… son moitas as metas a alcanzar, mais coa loita das mulleres e dos homes conscientes, poderemos alcanzalas.

Categorías: Esquerda Unida · Política · Xuventude Comunista
Tagged: ,

Voto útil, voto inútil

Marzo 5, 2008 · Deixa un comentario

Xa sei que me vou facer pesado co tema do voto útil, pero aquí tedes máis un exemplo de como o chamado voto útil perxudica á esquerda e beneficia á dereita representada polo Partido Popular.

Categorías: España · Esquerda Unida · Política
Tagged:

Mitin de Esquerda Unida

Marzo 1, 2008 · Deixa un comentario

Este domingo día 2 Esquerda Unida celebra o seu mitin de campaña no Cine O Marino ás 12h. Falarán os candidatos ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Juan José Guirado e Patricia Rey ademais de Juan Fajardo, concelleiro de EU en Vilagarcía e eu mesmo.

Non faltedes á cita. Este domingo día 2 ás 12 horas no Cine O Marino.

Mitin O Grove

Categorías: Esquerda Unida · Política

Do voto útil ao voto inútil

Febreiro 24, 2008 · 1 comentario

Interesante presentaçom na que se nos explica como o chamamento ao voto útil que soemos escoitar nas eleiçons, acaba convertendo a este num voto inútil. Nom tem desperdiço.

Umha cousa está clara. Se queremos que o Congresso dos Deputados represente proporcionalmente aos votantes, temos que modificar a perversa Lei Electoral actualmente vigente em Espanha, e desenhada coa finalidade de apartar ao Partido Comunista (e agora a Esquerda Unida) do Parlamento, segundo declaraçons dos próprios redactores desta Lei. Sobre isto, nom vos perdades as hilarantes declaraçons de Pepinho Blanco:

Categorías: España · Esquerda Unida · Organizacións Políticas · Partido Comunista · Política
Tagged:

Vota Izquierda Unida

Febreiro 22, 2008 · Deixa un comentario

Categorías: Esquerda Unida · Política
Tagged: , , , ,

Fidel renúncia a ser reelegido Presidente de Cuba

Febreiro 20, 2008 · Deixa un comentario

Fidel Castro Ruz, numha epístola aberta aos cidadáns cubanos, anunciou a sua renúncia a ser reelegido como Presidente da República de Cuba debido aos seus problemas de saude, que o fissérom cesar dos seus cargos no governo cubano.

Ler a carta de Fidel na que anúncia a sua renúncia.

Categorías: Internacional · Política
Tagged: , , , ,

O verdadeiro dilema trâs o 9 de março

Febreiro 17, 2008 · Deixa un comentario

Categorías: España · Esquerda Unida · Política