Volver a empezar

Hai uns anos empecei a escribir neste blog as miñas reflexións sobre distintos temas que ía considerando. Tamén o aprobeitaba para facer eco das distintas causas que consideraba deberían ter unha repersución social importante, ou difundir comunicados das organizacións nas que milito.

Desde hai dous anos non actualizaba o blog, perdendo a continuidade que este tipo de publicacións na rede deben ter para manter certo interés de calquer lector polo que nel se escrebe, perdendo polo tanto todo fundamento. Agora, tanto tempo despois, decidín volver a empezar. Nestas páxinas voltarei a verter as miñas reflexións, anotándoas con certa regularidade, e espero que poidan ser de interese para as persoas que por aquí se mergullen. Asimesmo, decidín tamén eliminar todo o contido anterior (o cal gardo nun ficheiro xml por se algún día reconsidero recuperálo) como punto de partida do inicio desta nova etapa.

Agardo pois que esta nova etapa sexa máis fructífera que a anterior, e que esta iniciativa que volvín decidir retomar se manteña o maior tempo posíbel, e desperte o interés o que por aquí decida compartir.

Advertisements

2 pensamentos sobre “Volver a empezar”

  1. Non coñecín o teu anterior blog, pero deséxoche ánimo e o mellor nesta nova etapa, ademais de brindarche a colaboración para difundir nas miñas redes sociais o que publiques (seguímonos en Twitter). Estarei atento ao que vaia saíndo no blog. Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s