O triunfo da ideoloxía neoliberal.

euribor-pobreza-jrmora.jpg

Esta semana atopei polas redes un artigo de Marcos Roitman sobre o triunfo cultural da ideoloxía neoliberal publicado en eldiario.es no mes de setembro do ano que acaba de finalizar.

Recomendo a súa lectura, pois explica certeramente algúns dos comportamentos que estamos acostumados a observar na nosa vida diaria, e tamén ultimamente nas campañas políticas.

O autor comeza facendo un repaso polos cambios políticos acontecidos en cuestión de ideoloxía dominante creando o contexto necesario para comprender a tese final que expón no seu artigo, que é o realmente interesante do mesmo. Esta introdución pódese resumir en que o fracaso do keynesianismo no novo escenario mundial que se presenta na década de 1970 impón unha nova teoría da xustiza fundamentada na competencia e a igualdade de oportunidades (tanto para fracasar como para truinfar) como pretexto para declarar a supremacía do liberalismo político, creándose unha nova orde social na que o Estado asume un rol despolitizado, descentralizado e desregulado, frente ao Estado do benestar que se impuxo na post-guerra como freo ao desenrolo do socialismo marxista na Europa occidental cumprindo a función de desactivador das loitas sociais.

Así, entramos na tese final, que reproduzo literalmente:

Hasta la democracia se torna en democracia 2.0, confundiendo un proyecto político fundado en el diálogo, la mediación y la negociación cara a cara, con un mensaje de texto que los pone en línea. Permite votar y sentirse partícipes de la nada. El éxito cultural del neoliberalismo consiste en desvirtuar los proyectos sociales democráticos, emancipadores y de izquierda en una opción dependiente del mercado, los medios de disuasión y desinformación social y la telefonía móvil. Un mundo despolitizado y desideologizado es la mejor garantía para el gobierno de la derecha, que hace posible que proyectos considerados transformadores puedan declamar, como un dogma de fe, no ser ni de derecha ni de izquierda. Todo un éxito del neoliberalismo cultural.

Esta cuestión prantéxanos interrogantes sobre a forma de facer política que queremos usar nesta época na que se reclama deixar de lado a vella política por xeitos novos, así como os hándicaps que a esquerda debemos superar para que a nosa mensaxe transformadora chegue á maioría social sen quedar desvirtuada pola nadificación que a hexemonía cultural do neoliberalismo impón a todo o que se move nesta sociedade.

O que si queda de manifesto é que o único garante da transformación social e do truinfo da esquerda é a mobilización social na que se xenere a base social necesaria que sustente o cambio, pois como ben apunta Alberto Garzón nengunha batalla política é soamente electoral.

E é precismanete por isto que é preocupante o proceso de desmobilización que está a sufrir a sociedade, influída por esta hexemonía cultural do neoliberalismo da que Roitman fala no seu artigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s