New thing: jazz, represión e loita social.

newthingacuarela.jpg

Desde que a inicios deste século un amigo me recomendara a lectura de Q, novela que en 1.999 finalizou o contracultural primeiro (e único) plan quinquenal do Luther Blisset Project, engancheime ás obras dos seus autores, un colectivo de escritores italianos que practican a militancia no eido da literatura e se fan coñecer como Wu Ming. Defensores da acción colectiva e do copyleft, son tamén autores das novelas 54 e Manituana.

Semanas atrás boteille a man a New Thing, novela en solitario de Wu Ming 1. Levaba tempo querendo ler este libro, non soamente polo autor, mais tamén pola temática e ambientación: misteriosos asasinatos de músicos negros da new thing enmarcados na loita polos dereitos civís nos Estados Unidos.

Resulta chamativo o xeito no que está narrada a historia, unindo pequenos relatos orais froito de entrevistas realizadas moitos anos despois dos feitos (as personaxes falan desde a década dos 2.000 e os feitos relatados son da década dos 1.960) aos protagonistas aínda vivos e recortes da prensa da época, ao máis puro estilo Please, kill me o libro de Legs McNeil e Gillian McCain que eles mesmos subtitularon como a historia oral do punk, obra por certo de obrigada lectura para todos os amantes da música punk e do rock and roll. Esta comparación non resulta caprichosa nen azarosa, pois o mesmo autor confesa que foi tras a lectura desta obra mestra da literatura musical que quixo poñer en práctica este estilo. Unha elección estética que marca fortemente a obra.

Neste libro Wu Ming 1 desenrola o seu interese sobre a música negra, sobre todo o new jazz (coñecido tamén como new thing). Esta música, que tivo a John Coltrane entre os seus máis ilustres intérpretes, é unha evolución libre do jazz que coincidiu no tempo cunha alta toma de conciencia social por parte da poboación negra dos Estados Unidos, circunstancia que se viu trasladada á música. A radicalización ideolóxica expresouse tanto a través da relixión como dunha toma de conciencia de clase como testemuña a creación do Black Panther Party entre outros movementos de esquerda. Todos estos aspectos aparecen en New Thing amosando o coñecemento do autor da cultura afroatlántica e servindo de confirmación da súa tese da contribución omnipresente desta cultura na cultura occidental, tanto no cine, como na música, na política ou nas formas de resistencia, facéndose parte de nós e da nosa historia.

Outro dos elementos clave na novela é a represión do goberno contra os movementos negros e a nova esquerda estadounidense. Numerosos documentos desclasificados polo goberno dos EUA demostran a guerra suxa que existiu contra a disidencia interna. Isto sérvelle ao autor para crear un clima de paranoia e complot a través dun asesino en serie que recibe o alcume popular de Fillo de Whiteman. A crenza popular de que se trata dun asasino racista, a inoperancia da policía de New York para parar esta marea de mortes e o clima de represión política fan que as personaxes destilen numerosas e variopintas teorías da conspiración.

En definitiva, trátase dunha novela que aporta diversos elementos interesantes que fan a súa lectura completamente apetecible, a pesares de, baixo a miña opinión, non chegar a altura das obras colectivas do grupo.

EXTRA: Entrevista a Wu Ming 1 en torno a New Thin publicada en marzo de 2.009 no número 254 da revista El viejo topo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s