Hackstory, a historia dos hackers ibéricos.

Todos temos escoitado algunha vez falar de algún hacker famoso. Ou polo menos algunha historia. Os amantes do software libre coñecemos aos grandes gurús como Richard M. Stallman ou Linus Torvalds. Pero pouco coñecemos do movemento hacker na península ibérica, mais alá do anuncio de algún hackmeeting ou evento similar que poidamos ler nalgunha web de noticias sobre tecnoloxía.

Esta inxustiza veuna solventar a xornalista Mercè Molist Ferrer co seu libro Hackstory.es La historia nunca contada del underground hacker en la Península Ibérica. Neste traballo de investigación, a xornalista catalá adéntranos no mundo underground do movemento hacker na península, desde as persoas que traballaron cos primeiros computadores instalados nas universidades españolas até a actualidade. As distintas xeracións de hackers na peníncula, cos seus ciclos de apoxeo e decadencia, a substitución de unha xeración por outra, a ética hacker, os creadores de virus informáticos, as BBSs, Fidonet, os principios de internet, as trampas para abaratar a factura telefónica, o IRC, o warez, os crackers, hacktivismo… toda unha nebulosa de conceptos, técnicas e ideoloxía que envolve ao mundo hacker agochado nos lugares máis escuros do ciberespacio.

Lendo este libro houbo momentos nos que xurdeu en min a morriña, pois a xente da miña xeración atopámonos con recordos de cando nos iniciamos en internet mercando o noso primeiro módem de 56k para conectarnos aos canais de chat do IRC-Hispano, e algunhas das historias que se contan resúltannos familiares. Geocities.com, CHaN, Isla Tortuga, nodo50.org, as quedadas dos canais do IRC, FTPs repletos de música, cracks e manuais… son cousas que nos soan, pero que os hackers de finais dos 90 facían e/ou utilizaban.

Un relato ben documentado (a outora entrevistou á maioría dos hackers que se nomean) dunha historia apaixonante e que podes decargar gratis (ou facer unha donación) na páxina oficial do libro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s